INFORMES E OUTROS

 Como está reflexado na programacción da materia a elaboración de informes, mapas de conceptos, infografías e similares, entregados de forma impresa ou (se as circunstancias imposibilitan o anterior) nunha memoria usb ao longo do curso é unha actividade obrigatoria que suporá o 20% da nota de cada avaliación.

  • Tódolos traballos serán individuais.
  • Entregaranse obrigatoriamente co formato indicado abaixo.
  • Entregaranse nas datas establecidas para cada caso.

  O incumprimento de calquera dos puntos anteriores suporá unha cualificación de 0 neste apartado.

 

 1. INFORMES.


Formato dos informes.

  • O informe farase cun procesador de texto (word ou compatible) en galego.

  • Imprimirase e entregarase por escrito antes da data límite.

  • Debera de conter todos os apartados especificados en cada informe a menos que se indique como opcional. É obrigatorio incluír a pregunta ou apartado en negrita antes de contestalo.

  • O informe debe de ter portada, índice e contraportada. Pode conter imaxes, gráficos, encabezado e oé de páxina, etc.

  • Puntuará o seu deseño e especialmente a súa claridade de lectura. É obrigatorio cumprir cos formatos de letra indicados abaixo. Pode estar en cor ou non.

  • A súa extensión máxima figurará en cada informe. Dita extensión refírese ao texto, as imaxes non contan. Cumprindo co anterior a extensión debe de tomarse como unha indicación da importancia do traballo e dos requisitos mínimos do mesmo. 

    Se os traballos levan imaxes colocaranse na páxina final deste facendo no texto unha referencia (por exemplo, imaxe 3)

  • Formato de letra obrigatorios

    • para os apartados: arial, 16 puntos, azul escuro.

    • para o texto en xeral: arial, 11 puntos, negro. Interlineado sinxelo.


INFORMES QUE FAREDES NO CURSO.

(cando os teñades que facer informaráse na páxina principal)


UNIDADE 1: O SISTEMA SOLAR.

  1. No tema 0 (Ciencia e cultura) vimos exemplos de pseudociencias e de falacias. Agora tes que buscar un exemplo da casualidade que, as veces, acompaña aos descubrimentos científicos. explica un exemplo de serendipia aplicada a algún descubrimento relativo ao Sistema Solar ou as súas leis. 
  2. Nos derradeiros anos o modelo que explicaba a orixe do Sistema Solar (como o que tedes na presentación da aula virtúal) foi modificado. Como é o modelo máis recente?
  3. Fai unha relación, a máis completa posible, dos astros que forman o Sistema Solar.
  4. Non hai moito tempo non se tiña evidencia da existencia doutros sistemas solares, pero esto cambiou cando se empregou unha nova técnica para descubrilos. Explica como é esa técnica e indica exemplos doutros sistemas solares (distancia, compoñentes ...)
(extensión máxima 3 páxinas)

UNIDADES 6 e 7 : MEDICIÑA. 
 
Ides a desenvolver estás características facendo o informe do trimestre.

Apartados
 
Primeira parte: detectar a enfermidade ou transtorno. 
1- O diagnóstico e a historia clínica.
2- Técnicas de diagnóstico: análise de sangue, electrocardiograma ...
 
Segunda parte: tratamento con medicamentos.
3- Medicamentos, fármacos, principios activos e excipientes.
4- Etapas no desenvolvemento dun medicamento.
5- Consecuencias do mal uso dos medicamentos.
6- A industria farmaceútica: patentes e xenéricos.
 
Terceira parte: transplantes e biomateriais.
7- Transplantes: definición y tipos. El problema del rechazo.
8- Donación de órganos.
9- Biomateriais: definición e tipos..

Procedemento.
- os apartados deben de ter unha extensión similar.
- os apartados deben de ir numerados como están no índice superior.
 

- Para o formato do informe mirar instrucións arriba.

- O informe debe de ter unha extensión mínima de 5 páxinas, sen contar con imaxes ou similares, debe de ter índice e portada.

Gardar o informe no formato do procesador que utilicedes (vos permitirá modificalo se é necesario) e en .pdf (para imprimilo de xeito doado). Subir ao blog unha captura de pantalla.


   2. MAPAS mentais.

 

Formato dos mapas.

 Para estar correctos os mapas deben de incluir:
  • Todos os conceptos.
  • Todas as posibles relacións entre conceptos (as frechas). Normalmente haberá que, sobre ou debaixo da frecha, indicar moi brevemente algo que permita entender esa relación (por exemplo, divídese en ..., orixina ... inclúe, un exemplo é ...)
 

MAPAS QUE FAREDES NO CURSO.

(cando os teñades que facer informaráse na páxina principal)


UNIDADE 1: O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR. (42 conceptos)

 Universo (concepto de partida)

Sistema solar, Supernova, Vía Lactea, Elípticas, Bigbang, Materia escura, Nebulosas, Xigante vermella, Espirais, Galaxias, Anana branca, Materia visible, Estrelas; Estrela; Irregulares; Sol; Xúpiter; meteoritos; Plutón; planetas exteriores; Lua; Venus; cinto de Kuiper; Urano; Titán; cometas; Marte; planetas; Eris; asteroides; nube de Oort; Mercurio; Neptuno; Ganimedes; satélites; Haley; planetas interiores; Saturno; Terra; planetas ananos, Oumuamua.

Unha vez feito o colgades do blogue como unha imaxe.

Lembrade que ademáis todos os mapa de conceptos e informes teñen que se entregados por escrito. 
 
 
 3. INFOGRAFÍAS.

 

Formato das infografías.

 Formato libre. Debe de incluir:
  • Todos os conceptos.
  • Todas as imaxes e outras.

UNIDADE 4: EVOLUCIÓN HUMANA. (11 conceptos)

Hai que hacer unha infografía da evolución humana cas seguintes características:

- Facela cun programa axeitado (ver información no blog), gardala nun formato que logo se poda imprimir nun tamaño Din A4. imprimila para entregar.

- De cada especie hai que poñer: unha imaxe (preferiblemente da cara); o nome da especie; a idade aproximada na que viviú.

- Colocádeas de máis antiga (abaixo) a máis recente (arriba). Entre as imaxes podedes poñer liñas que indique o proceso evolutivo.

Australopithecus africanus, Homo neanderthalensis, Homo erectusParanthropus sp. Homo sapiens sapiens, Homo ergaster, Australopithecus robustus, Homo antecesor, Homo habilis, Australopithecus africanus, Homo heildelbergensis
 
 

Comments system

Disqus Shortname