AVALIACIÓN

1. PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN.

Como se especificou na presentación da materia ao comezo do curso a nota de avaliación procede de tres compoñentes:

a. A realización das tarefas no voso blog. Suporá aproximadamente o 50% da nota da avaliación.

b. A realización de traballos para entregar impresos. Suporán aproximadamente entre un 10% e un 15% da nota da avaliación.

c. Os exames. Suporán do 35% ao 40% da nota da avaliación.

Como está indicado na programación da materia se algún dos apartados anteriores non se poden avaliar parcial ou totalmente a nota correspondente repartirase entre os outros apartados.

 

 2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

a. Tarefas no voso blog

- Periódicamente publicaranse as tarefas que hai que facer no blog da materia. 

- Normalmente (salvo en casos de maior complexidade) cada tarefa terá unha puntuación de ata 0,3 puntos. 

- Pode empregarse complementariamente a aula virtúal da materia.

- Unha vez transcorrida a metade da avaliación farei unha primeira corrección. Se hai erros salientables en algunha tarefa indicareinos como comentarios nesa entrada. Se faltan entradas completas ou apartados das entradas non farei comentarios.
É a vosa respondabilidade o revisar os comentarios e non deixar tarefas por facer.

 b. Realización de traballos para entregar impresos

Os contidos, características dos traballos e prazos de entrega avisaranse na clase e no blog da materia. Non se aceptaran traballos fora de prazo sen causa xustificada.

 c. Exames.

- Faranse 1 ou 2 exames por avaliación. Seguindo coa "filosofía" da materia empregarase preferentemente a aula virtúal ou outro medio similar. 

- Os contidos dos exames saíran das tarefas feitas no blog  e/ou dos contidos da aula virtual.

- A medida que avancemos na materia iranse indicando cales son os contidos cualificables.

  

3. RECUPERACIÓN DA MATERIA SUSPENSA.

Nas actividades obrigatorias no blog hai que facer o seguinte:
- Na páxina principal do voso blog creades unha sección chamada RECUPERACIÓN. Se non o sabedes facer preguntádeme.
-  As entradas que, durante o curso, non se fixeron ou se fixeron mal as colocades en orde do mesmo xeito que se fai normalmente e co título correspondente.

Nos informes e outros traballos escritos entregáranse ao longo do terceiro trimestre do curso.

Nos exames farase un exame de recuperación ao final do curso. Preferentemente empregarase a aula virtúal. 

 

4. CONTIDOS DE EXAMES

 Contidos para preparar o exame das unidades nº0 e nº1: CULTURA CIENTÍFICA e
UNIVERSO e SISTEMA SOLAR.

  1. Actividade 3: Ciencia e cultura.
  2. Actividade 5: O método científico.
  3. Infografía das etapas do método científico.
  1. Mapa mental do sistema solar.
  2. Actividade 11: definicións universo 1.
  3. Dez datos sobre o Universo.
  4. Actividade 12: definicións universo 2.
  5. Actividade 13: Compoñentes do Sistema solar.
  6. Actividade 15: Conceptos da gravidade e da nube de Oort  
 Contidos para preparar o exame das unidades nº2 e nº3: PLANETA TERRA e VIDA E EVOLUCIÓN.
  1. Actividades 17, 19, 20, 21-23 (identificar as placas e saber os tres tipos de límites de placas), 24 (1,2,3), 25(1,2,3), 26 (3), 29, 30, 32(nome dos dominios e reinos) , 33 (1,2), 35 (2). 

  2. Preguntas sobre o vídeo (actividade 38 e 39)

Comments system

Disqus Shortname