sábado, 18 de setembro de 2021

Actividade 2: A cultura científica

¿Que é isto da Cultura Científica?

Unha boa maneira de informarse de que vai a materia é visitando os moitos blogs, páxinas web, vídeos ... que tratan de aspectos relacionados coa Cultura Científica. Moitos destes recursos están feitos por alumnos e profesores e son realmente interesantes.

Nesta actividade navega pola rede e busca un mínimo de 5 blogs relacionados coa materia da Cultura Científica. 
 

Que debes de incluir na entrada: 

  - Que temáticas (bioloxía ...) abarca esta materia?

  - Crear unha listaxe de ligazóns  (mínimo 5) dende o teu blogue a aquelas páxinas que che parezan interesantes. En cada caso comenta que aspectos gústanche máis de cada blogue e cales menos. Se queres podes facer capturas de pantalla e pegalas.

  - Fai unha valoración xeral sobre as páxinas atopadas. 

  - Publicar na páxina principal.

venres, 17 de setembro de 2021

Actividade 1 continuación: Enlazamos os nosos blogs

Para poder consultar e correxir as tarefas necesito acceder dun xeito sinxelo aos vosos blogues. Na sección PROTAGONISTAS hai instrucións de como facelo.

xoves, 16 de setembro de 2021

Actividade 1: Crea o teu blog


Xa vos comentei que en internet hai moitos recursos online para crear e publicar blogs (ou blogues) de xeito sinxelo e as razóns polas que se escolleu BloggerOutras opcións gratuitas para crear o voso blog son, entre outras, Wordpress, Wix ou Tumblr.

Opcionalmente podedes escoller calqueira das anteriores ou outras similares. Investigade cales son as súas ventaxas e inconvintes.  

Para continuar creando o blog tedes que facer o seguinte:
- Personalizalo, escollendo tema e deseño.
- Lembrar que as entradas cas tarefas teñen que estar na páxina principal.
- Crear unha paxina que chamaredes TRABALLOS. 
       Na páxina inicial, parte superior dereita pulsade sobre Diseño.
       No menú esquerdo escoller Páginas - Nueva página. En título poñedes TRABALLOS.
- Na paxina principal facer a primeira entrada do blog: a vosa presentación.
      Se pode facer directamente dende a páxina principal escollendo nova entrada ou                        dende Diseño - menú esquerdo escoller Entradas - Nueva. En título poñedes Actividade 1:          Presentación.
 - Presentaros no blog: nome, as vosas aficións, porque escollechedes esta materia, etc. O               texto debe ter un mínimo de 5 liñas.

mércores, 15 de setembro de 2021

Actividade 0: Explorando ...

Na primeira clase de Cultura Científica ides a "explorar". Por unha banda explorar o blog da materia e, por outra, explorar o programa Blogger.

... descubrindo o blog de Cultura Científica.

Ide polas distintas seccións do blog (en blogger se chaman páxinas) mirando o que hai en cada unha delas. Entre elas hai dúas seccións de moito interese:

- a primeira é a de TRABALLOS, nela se explica polo miudo que tipo de tarefas tedes que facer ao longo do curso, as unidades e temas que trataremos (sempre dependendo de canto avancemos) e os procedementos e aplicacións que empregaredes para o voso traballo. Nesta páxina é onde colgarei os prazos das tarefas e as datas de exames, así que vos recomendo visitala regularmente. 

-a outra sección de interese é a de PROTAGONISTAS onde podemos consultar, só consultar e como moito comentar dun xeito construtivo os blogs dos demais. 

Lede as seccións con atención, evitaredes preguntarme cousas que ahí xa están explicadas. 

Por outra banda botádelle unha ollada as entradas que se atopan na pantalla inicial. Serviranvos para facerse unha idea de como ides a traballar. Nun blog as entradas colócanse automáticamente por data de publicación de máis recente a máis antigas.

... descubrindo o programa Blogger. 

Para poder crear o voso blog (a partir de agora o chamaremos blog d@ alumn@) teredes que rexistravos en Blogger. Hai moitos outros programas que permiten crear blogs ... é bastante mellores. Eu escollín blogger pola súa facilidade de aprendizaxe e porque para rexistrarse (é un requisito en todos os programas deste tipo) nos vale ca conta de correo gmail ... é nos anos que levo traballando no blog tod@s vos o tedes 😀

Pasos para crear o voso blog

1- Nun buscador poñer blogger. Iniciar sesión/rexistrarse.

2- Buscar un tema que vos guste pero que teña un deseño "profesional", por exemplo cun fondo que permita ler e correxir as vosas actividades comodamente, ou que vos permita acompañar o texto con imaxes. Non sería a primeira vez que alguén elixe un mal tema, fai as actividades, se da conta (ou me dou conta eu) que non se len o que as imaxes se cortan, e cando hai que cambiar de tema o programa lle descoloca cousas. Polo tanto calma na elección do tema.

3- Personalizar o blog explorando as súas posibilidades. 


martes, 14 de setembro de 2021

CURSO 2022-2023

Ola, son Fran, profesor de Bioloxía e Xeoloxía.

Benvid@s ao  blog da materia de Cultura Científica de 1° de bacharelato do IES Escolas Proval, en Nigrán, Pontevedra.

O blog será un cartafol onde consultar os contidos da materia, as actividades a realizar e as novas que poidan xurdir durante o curso. Tamén contaredes aquí un espazo de comunicación entre o grupo.

Dende este blog ( no apartado TRABALLOS ) enlazaremos cos vosos blogs dunha forma dinámica, sendo deste xeito a canle onde tod@s compartamos os distintos aspectos da materia dun xeito máis dinámico, interactivo e -así o desexo- motivador.

A tod@s vos desexo que o curso supoña moito máis que o mero feito de superalo académicamente, cousa que chegará,. Na superación, e non menos no fracaso, maduramos e nos imos formando como persoas. Espero ca Cultura Científica contribúa a esa formación.
   
Que vos vaia moi ben.

Fran A.

luns, 13 de setembro de 2021

Presentación




Bo día prezados alumn@s de Cultura Científica. Son Fran, o profe da materia.
Douvos a benvida ao curso 2022-23, cos meus maiores desexos de que o pasemos sen sobresaltos e que xuntos aprendamos cada día algo novo e interesante da ciencia.




Comments system

Disqus Shortname