martes, 29 de novembro de 2022

Actividade 26: A xeosfera.

 Rematamos a Unidade 2 estudando a Xeosfera. Xa vimos anteriormente cun certo detalle a súa subcapa máis superficial, a Litosfera, pero agora imos, "literalmente" a profundizar cara ao centro da Terra.

1.Cal é a nosa maior fonte de información para estudar o interior da Xeosfera? Que son as descontinuidades?

2. A capa máis interna da Xeosfera é, dependendo da clasificación usada, é o Núcleo ou Endosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.

3. O Núcleo é, en gran parte, o responsable de que o noso planeta teña un campo mágnético. Que é o campo magnético? cal é a sua importancia? que relación ten có Núcleo?

4. Continuando cara ao exterior da Terra a seguinte capa é o Mando ou Mesosfera. Indica como é o seu estado e composición química?.

 

venres, 25 de novembro de 2022

Actividade 25: A Hidrosfera.

 A hidrosfera é a capa líquida da Terra. Ata fai pouco se consideraba que o auga era unha molécula moi escasa no universo é que o caso da Terra era excepcional, pero agora ...

1. Na hidrosfera o auga pode atoparse en varios estados, cales son e onde os atopamos?.

2. A auga "móvese" entre as distintas capas da Terra mediante o ciclo do auga. Que dúas forzas ou enerxías permiten este movemento? Explica brevemente en que consiste este ciclo.

3.Define: escorrentía, evapotranspiración, precipitación, infiltración.

4. Por que hai augas doces e augas salgadas?

mércores, 23 de novembro de 2022

PERIGO: Non enviar mensaxes inútiles.

 Da igual que sexa ao usar WhatsApp, Instagram, Twitter, Tik-tok, correo electrónico ou calquera das redes sociais. O mesmo cando empregamos os servizos na nube. Non hai forma de evitalo ... estamos contribuíndo ao efecto invernadoiro da Terra.

Lede o seguinte enlace e estaremos contaminando, sigamos facendo os nosos blogues e teremos o mesmo resultado. 
Que podemos facer? Abandonalo todo, pois non. 
Simplemente sexamos racionais no uso destes medios e sexamos conscientes do que conlevan.
Seguide facendo os blogs.

luns, 21 de novembro de 2022

Actividade 24: A Atmósfera.

 Iniciamos unha serie de entradas sobre as capas da Terra. Imos a facer un viaxe imaxinario dende o exterior do planeta cara ao interior e, polo tanto, empezamos ca Atmosfera.

1. Define atmósfera.

2. Que é o aire? cal é a súa composición?

3. A atmosfera actual non se parece en nada á primitiva atmósfera da Terra, por que?

4. Na atmófera pódense distinguir unha serie de subcapas a distintas alturas. Cales son? E función de que característica se establecen estas capas?

luns, 14 de novembro de 2022

Actividades 21-23: As placas litosféricas (segunda parte)

 Observa detenidamente a seguinte imaxe:



agora observa esta outra:



Contesta:

1. Identifica as placas 1,2,3, 4, 5 e 6 .

2. Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 1 e 2 e entre 3 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso?

3. Fíxate nos límites ou bordes de placas entre 2 e 3 e entre 5 e 6.  Como se chaman estas zonas? que está sucedendo en cada caso?

4. O océano Atlántico está a medrar 20 cm cada ano. Explica claramente por que ocorre este fenómeno.

5. Tendo en conta o mapa anterior explica a orixe das seguintes illas e cordilleiras:

a.  Hawai.

c.  Mar vermello.

d.  Himalaia.

e.  Xapón.


xoves, 10 de novembro de 2022

Avaliación 1: Traballos e datas.

Resultado de imagen de importante imagen Aínda que non son datas definitivas a 1ª avaliación sería entre o 19 e o 21 de decembro, xusto antes de Nadal. 

Dado o tempo que leva correxir blogs, informes e demais o derradeiro día para "pechar" as entradas do blogue será o 5 de decembro. Logo desta data (salvo causa xustificada) non se admitira.

Recomendo levar as entradas ao día e entregar traballos con antelación e así evitar sorpresas.

Lémbrovos que tedes especificadas os requisitos das tarefas na páxina INFORMES e OUTROS deste blogue.

mércores, 9 de novembro de 2022

Actividade 20: As placas litosféricas (primeira parte)

  Nunha entrada anterior vimos as capas que forman a Terra. Na capa chamada Xeosfera diferencianse varias subcapas (codia,manto ...) pero hai unha especialmente importante: a Litosfera. Imos a estudala:

1. Que é a Litosfera?.

2. A litosfera non é unha capa contínua senón que esta rota ou fracturada. Cal pode ser a causa da súa rotura?

3. Que é unha placa litosférica?. Indica o nome das principais placas.

4. Nun modelo simplificado da realidade podemos dicir que a relación que hai entre os bordes de dúas placas que se moven pode ser de tres tipos. Como se chaman e cal é o movemento das placas en cada caso?

luns, 7 de novembro de 2022

Non eres consciente da increible velocidade á que vas.

Ao alredor noso todo se move. Debido á rotación da Terra, a península ibérica móvese a uns 1.050 km/h (mentres que no ecuador do planeta acada os 1670 km/h). O propio planeta viaxa en torno ao Sol a uns 107.000 km/h, mentres que o Sistema solar orbita a galaxia a case 800.000 km/h. Por último, a nosa propia galaxia, a Vía Láctea, móvese en dirección ao chamado gran atractor, situado na dirección na que encontramos as constelaciones de Leo e de Virgo, a unha increíble velocidade de 2,1 millones de kilómetros por hora (esta velocidade exprésase en relación ca radiación de fondo de microondas procedente do Big Bang).

venres, 4 de novembro de 2022

Actividade 19: As fontes de enerxía da Terra.

A Terra está continuamente cambiando e evolucionando. O planeta que hoxe coñecemos, os seus climas, os seus contiñentes e océanos, a súa xeografía etc foron variando no pasado e seguirán variando no futuro. 

A nivel global estas transformacións naturais son orixinadas por dúas inmensas fontes de enerxía con características, as veces, contrarias.

1. De que duas fontes de enerxía se trata? Explica de onde proceden.

2. Como inflúen esas fontes de enerxía no relevo? (pista: teñen efectos contrarios) 

mércores, 2 de novembro de 2022

Actividade 18: As capas da Terra.

 Durante a súa formación (mirade os videos sobre a formación do Sistema solar e, especialmente o vídeo sobre a formación da Terra) os elementos químicos que hoxe constitúen a Terra foron "situándose" de acordo ca súa densidade. Os elementos máis lixeiros formaron as capas exteriores e os máis pesados as interiores.

Empezamos o estudo da Terra coñecendo as súas capas.

1. Cales son as capas da Terra?

2. Indica, dun xeito, simple que elementos químicos predominan en cada capa.

3. Xustifica o enunciado "os elementos químicos que hoxe constitúen a Terra foron "situándose" de acordo coa súa densidade"

martes, 1 de novembro de 2022

Contidos da 1ª avaliación.

  

Exame: 

- O primeiro exame será da unidade 0 (Introducción) e da unidade 1 (Universo e Sistema solar).

- Os contidos do exame proceden das dúas presentacións que "colgarei" da Aula virtúal da materia e, por outra banda dos contidos da actividades 5 (preguntas 1,2,3,4),actividade 6 (pregunta 1), mapa mental do sistema solar, actividade12, actividade 13 (ler), 17 (preguntas 1,2,3) 

Blogs e informes:

- A partir do martes 2 de novembro empezarei a revisar os blogs ata a actividade 17. En caso de que teña que facer algunha observación aparecerá no comentario da entrada correspondente. 

- Neste trimestre entra o mapa de conceptos  e o informe do SISTEMA SOLAR  que recollerase o mércores 30 de novembro.

Comments system

Disqus Shortname