luns, 31 de outubro de 2022

Actividade 17: A formación da Terra e da Lúa.

 Nesta actividade profundizaremos en como foi a formación da Terra. Lembra que xa traballamos sobre a formación do Sistema Solar e, polo tanto, os procesos descritos son similares.

Na sección RECURSOS tedes un video sobre "A formación da Terra". Unha vez mirado respondede: 

1. Cal foi o proceso polo que se iniciou a formación da Terra?

2. Como se formou a Lúa?

3. De onde procede a auga que hai na Terra?

venres, 28 de outubro de 2022

Falacias: mentiras disfrazadas de verdades.

Xa estudamos o método científico.

Unha falacia é unha argumentación que ten apariencia de razoamento lóxico, e que pretende, baseándose nese argumento, ser certa. Pero na realidade trátase de algo falso. Hai moitos tipos de falacias e a cultura científica e a ciencia en xeral non están libres delas.

Xa que estamos na unidade do Universo vou poñer dúas das maiores falacias que persistiron durante séculos:

- O modelo xeocentrista, sostido por numerosos e importantes pensadores e que contaba có poderoso apoio da Igrexa. A Terra é o centro do Universo.

- O modelo da creación (e como resultado o Universo) pola acción de Deus. Esta falacia, como outras está baseada en que non se pode probar que Deus non existe e polo tanto é incuestionable.

 Pin en Ciencia

mércores, 26 de outubro de 2022

Actividade 16: Compoñentes do Sistema solar.

 Nesta actividade imos a traballar "ao revés". En lugar de eu darvos un recurso e, a partir del, contestar unhas preguntas, seredes vos os que localicedes o recurso. 

A actividade consiste en buscar UN vídeo curto no que se  explique os compoñentes do sistema solar. O vídeo ten que cumprir co seguinte:

- Ten que ser o máis completo posible, é dicir, que fale do Sol, os planetas, os satélites, cintos de asteroides etc. Ten que centrarse nos compoñentes non no seu orixe.

- Con narración (castelán ou galego) e de non máis de 15 minutos.

- Dun nivel intermedio (é dicir non me poñades vídeos feitos para os alumn@s de primaria, nin tampouco algo moi complicado ou que fale, por exemplo só dos planetas) 

Unha vez escollido copiade a súa dirección web e creade unha ligazón dende o voso blog.

luns, 24 de outubro de 2022

Activiade 15: Unha revista científica en galego.

Dentro das publicacións con contido científico de ámbito nacional ides a botarlle unha ollada á revista GCiencia 
Definido polos seus editores como  "un xornal dixital envorcado no fomento do coñecemento científico e tecnolóxico entre un público xeralista" ten artigos moi interesantes.

A tarefa consistirá en navegar pola publicación, seleccionar o/os artigo/os que vos parezan máis interesantes e facer unha breve reseña. Tedes que indicar en que sección está o artigo e a data de publicación.

venres, 21 de outubro de 2022

Actividade 14: Formas de coñecer o Universo.

O noso coñecemento do Universo procede, dun xeito directo, da información recollida por telescopios, radiotelescopios e outras tecnoloxías. 

Na derradeira década tres instrumentos de observación han destacado especialmente: o telescopio Hubble; o robot Perseverance e o radiotelescopio James Webb.

A actividade consiste en contestar ao seguinte:

Busca información sobre os tres instrumentos comentados. De cada un tes que dicir: ano de posta en funcionamento; onde se atopa; breve descripción e que investiga. Unha vez descrito engade unha imaxe do instrumento e outra imaxe tomada polo instrumento.


mércores, 19 de outubro de 2022

Imaxes e vídeos da NASA

Continuamos procurando información sobre o Universo e o Sistema solar.

Para "ir facendo boca 🤔" sobre as maravillas do Universo tedes no seguinte enlace o acceso á base de imaxes da NASA (National Aeronautics and Space ADministratión) onde podedes atopar fotos, videos e documentos sobre o Universo e a historia e a tecnoloxía espacial.


Do moito que hai nela unha das imaxes que máis me impresionan é a seguinte:

A  imaxe máis detallada do Universo observable

luns, 17 de outubro de 2022

Actividade 13: O Universo 2, dez datos interesantes.

Pouco sabemos do Universo, e do que sabemos a maior parte son hipóteses que están en continúa revisión. En gran parte o noso coñecemento ven determinado pola capacidade (ou limitación) dos instrumentos que empregamos.

No seguinte enlace tedes 10 datos interesantes sobre o Universo. Lede con atención e se algo non entendedes preguntádeme xa que son contidos que forman parte do exame.

Universo

venres, 14 de outubro de 2022

Actividade 12: O universo 1

 Unidade 1: O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR

Para empezar ca unidade 2 do curso teredes que buscar as seguintes definicións que son fundamentais para as actividades seguintes. Procurade cas definicións sexan curtas e claras ao tempo que completas. 

Universo; Galaxia; Nebulosa; Estrela; Sistema planetario; Planeta


 

 

xoves, 13 de outubro de 2022

Exemplo de mapa mental

 A seguinte imaxe representa un mapa mental sobre o sistema solar. Fíxate que hai un concepto principal (O SISTEMA SOLAR) de onde saen as liñas de conexión que nos levan a outros conceptos secundarios (o sol, os planetas ...) e así sucesivamente. Case sempre as liñas deben de ter un texto moi breve, moitas veces é unha soa palabra que explica a relación entre dous conceptos (no exemplo é "está formado por").

Cando vos corrixa os mapas mentais que faredes eu teño que ler os distintos "camiños" dun xeito coherente. Por exemplo eu podo ler:

"El sistema solar está formado por el Sol. Es el centro del Sistema solar. Tiene un tamaño ..."

  El sistema solar: Mapa conceptual.

Os mapas mentais

Neste curso imos a empregar os mapas mentais ou conceptuais. Non son exactamente o mesmo, pero nos os empregaremos indiscriminadamente.

Un mapa conceptúal é unha forma moi sinxela e efectiva de presentar unha información. Só ten dous compoñentes: os conceptos (que para diferencialos soen estar nunha "caixa") e as conexións (representadas por liñas e que, na maioría dos casos, poden conter unha ou máis palabras) que servirán para enlazar dous conceptos.

No seguinte enlace hai unha explicación sinxela do que son os mapas mentais e cal é a súa utilidade. Céntrase na aplicación Text2 Mind Map pero é aplicable a outras aplicacións similares como Creately.  
Recomendo que o leades para entender cal é o obxectivo deste tipo de traballo.
Text 2 Mind Map

mércores, 12 de outubro de 2022

Actividade 11: As redes sociais (voluntaria)

Unha rede social é un medio de comunicación que poñe en contacto a persoas con intereses comúns: amigos, compañeiros de estudo ou de traballo, familias ou persoas que comparten algunha afición. Pero a importancia das redes vai máis alo adquirindo unha enorme influencia nas sociedades globalizadas.
Nesta actividade imos a traballar coas principais redes sociais.

-  Enlazade o voso blogue coas principais redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram ... A idea é enlazar coa páxina principal pero se estades en redes sociais e queredes enlazar ao vosa rede en concreto podedes facelo.
- Para enlazar utilizade o logo da rede de xeito similar a como está no blogue de Cultura Científica.
- Colocade os enlaces na páxina priincipal nun recadro chamado redes.

 Do mesmo xeito podedes formar grupos de enlaces con outras redes do voso interese.

luns, 10 de outubro de 2022

Actividade 10: Facer un mapa mental.

 A actividade consiste en facer un mapa mental que inclúa os seguintes conceptos: O planeta Terra (concepto principal), Codia, Atmosfera, seres vivos, Núcleo, Hidrosfera, Xeosfera, Biosfera, auga, Manto, aire.

Para facelo empregade a aplicación recomendada ou calquera outra que consideredes. Comprobade se a aplicación escollida permite gardar ou exportar o voso mapa en formato imaxe (.jpg, .gif ...).

    - Se o permite gardades a imaxe, logo creades no voso blog a entrada desta actividade e cargades a imaxe. Para facelo pulsar sobre os tres puntos e escoller o icono insertar imaxe.

    - Se non o permite facede unha captura de pantalla ca imaxe e procedede a insertala como no caso anterior.

venres, 7 de outubro de 2022

Publicacións científicas.

Logo do que temos traballado sobre a ciencia ides a recopilar algunhas das moitas publicacións que, desta temática, hai en internet. Empezo eu cunha interesante páxina sobre ciencia en castelán:Materia  

 
MATERIA  é unha webde ciencia, medio ambiente, saúde e tecnoloxía, que está online dende xullo de 2012.
MATERIA conta cunha redación experimentada e multipremiada, dedicada en exclusiva a elaborar información de alta calidade, con rigor e independencia.
MATERIA ten un consello editorial formado por algún dos máis prestixiosos profesionais da ciencia, a tecnoloxía, o medio ambiente e a saúde en español.
(tomado da páxina web)

mércores, 5 de outubro de 2022

Actividade 9: Lectura de xeoloxía

Na páxina de TEXTOS tedes un texto titulado Xeoloxía 1. É un fragmento do libro "Una breve historia de case todo" do periodista e divulgador científico Bill Bryson. O imos a utilizar como unha introdución ao tema 1 da materia centrado na Xeoloxía. 

Tedes que ler e facer unha entrada breve (4-6 liñas) sobre o mesmo.

luns, 3 de outubro de 2022

Actividade 8: Elaborar un informe

Aínda que un blog pode estar formado únicamente por recursos externos, é aconsellable que creemos recursos propios, o que dará un caracter máis personalizado ao mesmo. 
É o que imos a facer nesta actividade: elaborar un informe baseado na interpretación de gráficas.

No seguinte enlace tes "Qué é un informe" e "cómo redactar correctamente un informe". Hai un exemplo (que podedes utilizar) de como se debe elaborar un informe científico. Nos informes que ides a entregar ao longo do curso procurade seguir este modelo.

Elaborar un informe

 A actividade consistirá en:
- Ir ao seguinte enlace: El País
- Dende el acceder aos distintos recursos gráficos que axudan a entender o que é o Cambio Climático.
- Facer un informe sobre o Cambio climático seguindo as recomendacións de "elaborar un informe" e aportando os datos de "el País".
- Publicar o informe na páxina principal do voso blogue.

Comments system

Disqus Shortname