xoves, 19 de decembro de 2019

Actividade 10: Crear unha webmix de Cultura Científica

Para facer a webmix (literalmente mestura de webs, aínda que pode haber outros recursos) deberedes de:

1 - Informarse de que é e como funciona Symbaloo. Tedes no blogue exemplos de symbaloos e tutoriais.

2 - Rexistrarse na súa páxina.

3 - Facer probas de como se usa o programa. É bastante intuitivo.

4 - Crear os seguintes grupos de recursos que se corresponden cos distintos bloques da materia de Cultura Científica.

5 - Os bloques son: a) A Terra e o sistema solar  b) A vida e os seres vivos  c) Mediciña  d) ADN, xenética e biotecnoloxía  e) Internet e datos   f) Tecnoloxías do presente e do futuro, g) Científic@s
Tamén podedes engadir outros bloques persoais pero sempre relacionados coa Ciencia.

6 - Ao longo do curso cando atopedes algún recurso que vos interese incluídeo na vosa webmix.

Un exemplo do uso de Symbaloo

Symbaloo é unha aplicación que permite crear dun xeito ordeado e moi intuitivo unha webmix. Unha webmix, como o seu nome indica, é unha web onde temos un "mix" de enlaces a distintos recursos -como videos, blogs, documentos, arquivos de son, animacións ou mesmo outras páxinas web- clasificados segundo as nosas preferencias.

Na seguinte ligazón tedes un exemplo dunha webmix creada con Symbaloo especializada en contidos de ciencias (bioloxía, xeoloxía, física e química) para a ESO.

https://www.symbaloo.com/mix/paginasdeciencias2?searched=true

E, nesta outra, tedes un titorial moi sinxelo feito pola profesora Luisa Martínez para empezar a traballar có Symbaloo  utilizando a aplicación slideshare.
http://es.slideshare.net/quintoysexto/tutorial-symbaloo-10056256

Comments system

Disqus Shortname