venres, 31 de marzo de 2023

Actividade 57: Exemplos de infografías.

 Continuamos traballando con infografías. Tedes que buscar 3 exemplos de infografías con temas e aspectos diferentes relacionadas ca mediciña e a biotecnoloxía. Procurade que sexan distintas nos seus formatos.

De cada unha facedes:

- unha captura de pantalla.

- unha breve descrición (1-2 liñas do que se explica na infografía)

Logo subides as infografías ao blog e engadides a descrición.

mércores, 29 de marzo de 2023

Actividade 56: Os transtornos mentais.

 As enfermidades mentais afectan aos procesos afectivos e cognitivos, ao comportamento, ao estado anímico e ao propio pensamento. Na sociedade actúal, co seu ritmo frenético, algúns deses transtornos adquiren unha gran importancia como no caso das ansiedades (como as fobias), nas alteracións das condutas alimentarias (por exemplo, a anorexía), nos transtornos de estado de ánimo (como as depresións) e moitos outros.

Tes que escoller tres enfermidades mentais de distinta índole. De cada unha describe:

- Tipo ou categoría do transtorno.

- Descrición do transtorno.

- Incidencia na poboación (preferiblemente no caso de España).

mércores, 22 de marzo de 2023

Actividades 53-55: A información xenética.

Iniciamos con esta entrada unha nova unidade do curso: Os xenes, a información xenética e a biotecnoloxía.

Neste caso cambiaremos a metodoloxía. Ide a páxina TEXTOS do blog da materia, buscade o texto A INFORMACIÓN XENÉTICA. Veredes que, en realidade son catro textos.

Empezade polo primeiro: Reprodución asexual e sexual. Hai que leelo e contestar no voso blog como unha entrada. 

Repetiredes o procedemento anterior cos outros tres textos creando sendas entradas.

luns, 20 de marzo de 2023

Actividade 52: As enfermidades "raras"

Polo menos o 8% da poboación mundial padece enfermidades raras ou pouco coñecidas.

Son un conxunto de afeccións crónicas que afectan proporcionalmente a un número limitado de persoas con respecto ao total da población mundial. Dependendo da enfermidade oscila entre 1 e 50 persoas de cada 100 mil casos.

Estimase que existen mais de 5 mil enfermedades raras diferentes. Pola súa baixa incidencia non se lle destinan recursos suficientes en investigación e tratamento.

O 29 de febreiro celébrouse o Día mundial das enfermidades raras.

Crea unha entrada no blog (15-20 liñas) indicando 5 destas enfermidades. De cada unha indica brevemente o seu nome e síntomas. 


venres, 17 de marzo de 2023

Infografías (por se necesitades axuda có traballo práctico desta avaliación)

 Ao comezo do curso comentei que íamos a facer distintos traballos como informes, mapas mentais e infografías. Chegou o momento das infografías. 

Unha infografía é, esencialmente, unha combinación de imaxes e textos presentados dunha forma atractiva, sintética e explicativa. O seu fin é informar dun xeito sinxelo e visual facilitando así a súa divulgación.
As infografías poden incluir calqueira recurso que facilite a súa comprensión como é o uso de gráficos e efectos. O obxectivo final é que cun  "golpe de vista" pódase entender información complexa e que, ademais, sexa facil de asimilar e lembrar.


Hai moitas aplicacións online para crear infografías de xeito gratuíto. Na maioría dos casos o único requisito de uso é contar cunha conta de correo electrónico. Podedes escoller a que máis os convenza.
Un exemplo é easel.ly que permite deseñar impactantes infografías, ben de xeito libre ou baseadas en modelos predeseñados.

En resume o proceso de creación é:
- Rexistrarse.
- Elixir entre o uso de patróns ou dun lenzo en branco.
- Inserir texto, datos ou imaxes sobre o tema elixido.
- (opcional) Inserir os obxectos predefinidos polo programa da libraría deste.

 

Un exemplo de infografía relacionada co derradeiro bloque do curso:
lembrade que para crear tanto as infografías como os mapas conceptuais podedes utilizar patróns predefinidos (opción máis fácil) ou deseñalos vos dende cero (opción máis personalizada)

 

xoves, 16 de marzo de 2023

Actividade 51: A mediciña nos séculos XVII-XIX.

 Fai un pequeno informe (de 15 a 30 liñas) describindo, alomenos, as investigacións e descubrementos de tres científic@s no campo da mediciña. de cada un indica nome, datas de vida e morte e descubremento/s.

martes, 14 de marzo de 2023

Actividade 50: A idade media.

  Durante o longo dominio de Roma a influencia dos "galenos" gregos na mediciña foi unha constante. 

O triunfo do cristianismo, como relixión oficial do imperio, supuxo unha nova concepción do que se consideraba unha enfermidade e de como se debía de loitar contra ela. Mentres que, en gran parte de Europa, a mediciña estivo baixo a tutela da relixión noutras zonas como pasou en algúns paises musulmáns seguíanse estudando e ampliando os tratados clásicos. 

Contesta:

1. Cal era a concepción cristiana da enfermidade?

2. A que se encomendou o tratamento dos enfermos? cales eran os hospitais da época?

3. Indica o nome de, alomenos, tres médicos de orixe árabe famosos.

venres, 10 de marzo de 2023

A vida: Que é Blob?

 A natureza nunca deixa de sorprender. Cantas especies únicas quedan por coñecer no planeta? cantas desaparecerán extinguidas antes de que as coñezamos? cal é o límite entre o que esta vivo e o que non?

xoves, 9 de marzo de 2023

Actividade 49: Coronavirus

A primeira tarefa relacionada coa enfermidade non pode ser outra que a relacionada co COVID e outras enfermidades víricas.

Tedes ques facer un informe (15-20 liñas) que inclúa como mínimo:

- Que son os virus?
- Que é un coronavirus? cantos tipos hai?
- Como se contaxía?
- Como ataca ao organismo?
- Medidas de prevención.

martes, 7 de marzo de 2023

Actividade 48: Diagnose e tratamento.

 O seguinte mapa de conceptos mostra as etapas -dun xeito xeral- no diagnóstico e tratamento das enfermidades así como algunhas novas terapias. Ten como finalidade o presentar os seguintes contidos do blog.

Define: diagnóstico, medicamento, ciruxía, patentes (dos medicamentos) e transplante (de órganos), principio activo.

xoves, 2 de marzo de 2023

Actividade 47: Os primeiros médicos.

 No campo da mediciña, como en tantos outros da antigúedade, destacaron os gregos. 

Tedes que facer unha entrada describindo brevemente a vida e as aportacións médicas de Galeno e Hipócrates.

mércores, 1 de marzo de 2023

Actividade voluntaria: Entreterse e aprender ... mira isto.

 Se tedes tempo e gañas para ver vídeos e pelis aconséllovos algúnhas para estar ao día, aprender e entreterse.

E como a actualidade manda neste enlace Pandemia podedes atopar series sobre pandemias causadas por virus.
Desgraciadamente a ficción non supera a realidade.
Se queredes facer algún comentario no voso blogue, poñéde como título Actividade voluntaria: Pandemia.

Comments system

Disqus Shortname