xoves, 18 de maio de 2023

Traballos de fin de curso.

 A semana pasada rematamos cas entradas dos blogs. Como nas outras avaliacións as entradas, xunto cos traballos e o exame darán a nota da terceira avaviación. Para @s que suspendades o procedemento de recuperación está descrito nunha entrada anterior do blog.

Para todos queda por facer dúas actividades globais que teredes que entregar por escrito: unha relacionada con mapas mentais e outra có cine como recurso educativo. A nota de ambas xunto ca media das notas das tres avaliacións daran a nota final da materia.

mércores, 17 de maio de 2023

Actividade final: O cine como recurso educativo

O cine en xeral, e a ciencia-ficción en particular, é un recurso educativo moi motivador para abordar diferentes aspectos da ciencia, da tecnoloxía e da ética. As películas ofrecen, xunto coas liñas de argumento máis convencionais e comerciais, unha visión do Universo-Terra, da humanidade, da bioloxía e a tecnoloxía e de todas as implicacións que entre elas se establecen que fainos reflexionar, aprender e por suposto emocionarnos.
Neste sentido os obxectivos que procura a materia de Cultura Científica é a súa programación son especialmente axeitados para o seu uso.
Por todo isto e, como remate do curso, ides a facer unha actividade que consiste no visionado e posterior comentario dalgunhas películas de ciencia ficción que tratan diferentes temas relacionados coa materia.


Tedes que facer o seguinte:
- do listado de abaixo escollede unha película. Decídeme cal é, e convinte que antes vos informedes de        que vai.
- cando estén todas escollidas durante 3 ou 4 clases visualizaredes a película.. Evidentemente ten que       estar en contido aberto por internet, É obrigatorio facelo na clase e empregar auticulares.
- unha vez rematada de ver tedes que facer un texto escrito para entregar có título da película é un comentario que inclúa:
    - datos sobre a película: ano, director/a, protagonistas ...
    - argumento detallado.
    - que temas relacionados coa ciencia se tratan na película como por exemplo, a clonación, a vida                    extraterrestre, medioambiente etc. Hai que comentalos.
    - valoración persoal.

Os dous últimos apartados teñen que ser creacións propias, non vai valer o copialas de internet. Logo, nas seguintes clases se da tempo expoñeredes a vosa película e faremos un turno de preguntas.
A orde das películas non responde a ningún criterio.

Intellestelar (Christopher Nolan, 2014)

2001: unha odisea do espazo (Stanley Kubrick, 1968)

Alien 1 (Ridley Scott, 1979)

I.A. (Steven Spielberg, 2001)

Avatar 1 (James Cameron, 2009)

Matrix, triloxía dirixida polos hermanos Wachowski en 1999 e 2003

Moon  (Duncan Jones, 2009)

Blade Runner 1 (Ridley Scott, 1982) Hai unha nova versión do 2017 dirixida por Denis Villeneuve.

Dune  (David Lynch, 1984)

Distrito 9

Prometheus (Ridley Scott, 2012)

 Gattaca (Andrew Niccol, 1997)

Planeta de los simios 1 (varios) Saga formada por 9 películas que se iniciou en 1968 e cuxa derradeira película é do ano 2017.

Sunshine (Danny Boyle, 2007)

Hijos de los hombres

Metrópolis (Fritz Lan, 1927) 

Mad Max: Furia en la carretera (2015)

Guerra das galaxías (varios) Probablemente a máis famosa e valorada saga da ciencia ficción cinematográfica. O universo Stars Wars inclúe varias triloxías, precuelas e secuelas e outras películas relacionadas. En total 10 películas principais  estrenadas dende 1977 a 2017 ... e se esperan novas entregas.

luns, 15 de maio de 2023

A modo de despedida da materia.

Outro exemplo dun mapa mental creado con Text2MindMap e referido á materia. É un exemplo sinxelo e incompleto sobre a cultura científica a modo de despedida da materia.




venres, 12 de maio de 2023

Procedemento para recuperar a materia suspensa.

 Na sección do blog da materia chamada Programa do curso tedes explicado o procedemento para recuperar a materia suspensa.

Non vos desanimedes, xa vos dixen que a clave para aprobar e a constancia no traballo ... e non despistarse cos prazos de entrega.

xoves, 4 de maio de 2023

NON ENVIAR mensaxes inútiles

Da igual que sexa ao usar WhatsApp, Instagram, Twitter, correo electrónico ou calquera das redes sociais. O mesmo cando empregamos os servizos na nube. Non hai forma de evitalo ... estamos contribuíndo ao efecto invernadoiro da Terra.
Lede o seguinte enlace e estaremos contaminando, sigamos facendo os nosos blogues e teremos o mesmo resultado. 
Que podemos facer? Abandonalo todo, pois non. 
Simplemente sexamos racionais no uso destes medios e sexamos conscientes do que conlevan.
Seguide facendo os blogs.

mércores, 3 de maio de 2023

Actividade 66: Eunice Foote

Como homenaxe as mulleres científicas as que, na maioría dos casos, non se lles recoñece o seu traballo e a súa valía colgó, a modo de exemplo, una entrada sobre Eunice Foote, precursora da teoría do cambio climático.


Tes que ler o texto e facer un comentario (mínimo 10 liñas)

luns, 1 de maio de 2023

Páxinas sobre ciencia

 Hai vai o derradeiro exemplo dunha interesante páxina sobre ciencia en castelán:Materia
 

MATERIA  é unha webde ciencia, medio ambiente, saúde e tecnoloxía, que está online dende xullo de 2012.
MATERIA conta cunha redación experimentada e multipremiada, dedicada en exclusiva a elaborar información de alta calidade, con rigor e independencia.
MATERIA ten un consello editorial formado por algún dos máis prestixiosos profesionais da ciencia, a tecnoloxía, o medio ambiente e a saúde en español.
(tomado da páxina web)

venres, 28 de abril de 2023

Actividade 65: Novas tecnoloxías e materiais (segunda parte)

 Continuamos a actividade anterior investigando 10 tecnoloxías cun gran futuro facendo unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada unha: nanorobots, internet das cousas, tecnoloxía LED, big data, intelixencia artificial, blockchais, domótica, computación na nube, metaverso, GPS.

mércores, 26 de abril de 2023

Actividade 64: Novas tecnoloxías e materiais (primeira parte)

 O desenvolvemento da tecnoloxía comenzou cos primeiros homínidos e condicionou a súa evolución ata chegar á situación actúal. Tecnoloxías como a produción de lume, a fabricación de armas, as técnicas agrícolas, a cerámica, o textil e outras son a base da nosa actúal civilización. O mesmo podemos dicir de materiais como o bronce, o vidro ou o aceiro.

Para rematar o curso faredes dúas entradas descubrindo algunhas das tecnoloxías e materiais que estanse a desenvolver e que seguirán condicionando o noso futuro. 

Empezaredes investigando 10 tecnoloxías cun gran futuro facendo unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada unha:

estaneno, biomaterial (pon exemplos), grafeno, materiais intelixentes (pon exemplos), semicondutores, materiais nanoporosos, nanocelulosa, materiais topolóxicos, shrilk, materiales autoreparables.

luns, 24 de abril de 2023

Actividade 63: Dicionario de acrónimos.

 Con esta entrada iniciamos a derradeira unidade do curso que xira en torno e ese concepto tan amplo que é o da tecnoloxía e, dentro dela, dela imos a comenzar por internet.


A popularización das novas tecnoloxías, coa súa lingüaxe propia, fai que -cada vez máis- empreguemos acrónimos (palabras formadas polas iniciais, e as veces por máis letras, doutras palabras) dos que descoñecemos o seu significado. Por exemplo, ESO e un acrónimo de Educación Secundaria Obrigatoria.

A actividade consiste en crear un dicionario de acrónimos relacionados con internet. Que hai que facer?
- Procurar un mínimo de 10 acrónimos relacionados con internet, por ejemplo de computación, redes, software, "nube", etc. 
- Publicalo como un dicionario (é dicir, en orde alfabético), por exemplo:

        ESO: acrónimo de Educación Secundaria Obrigatoria.

xoves, 20 de abril de 2023

Novo bloque de contidos

 

Rematamos o curso có cuarto bloque de contidos que, por falta de tempo, daremos de xeito resumido. Falaremos de novas tecnoloxías e de novos materiais.

mércores, 19 de abril de 2023

Actividade 62: Transxénicos.

Fai un resume (de 20 a 30 liñas) sobre os transxénicos: que son?, técnicas?, posibles utilidades?, controversias? ...

luns, 17 de abril de 2023

Actividade 61: Clonación.

1- En que consiste a técnica da clonación?

2 - Hai diferentes tipos de clonación? Indica exemplos.

3 - Actualmente que "usos" se lle da á clonación?

4 - "Colga" unha infografía que explique a famosa clonación da ovella Dolly.

xoves, 13 de abril de 2023

Catro ecuacións que cambiaron a nosa comprensión do Universo

 Las ecuaciones más bellas del universo

 Pitágoras, Newton, Boltzman y Einstein.

Catro ecuacións


A cualificación da materia para o terceiro parcial sera:

Entradas do blog. Da 43 a 66. Ata 6 puntos.

 (o 3 de maio publicarase a derradeira entrada, o blog péchase o venres 12 de maio)

Exames. Ata 3 puntos. Un exame puntuado sobre 10. 

(data por determinar,ten que ser na primeira quincena de maio, elixide vos ) 

Traballo escrito. Ata 1 punto. 

Análise clínico, o prazo para entregalo remata o 28 de abril


martes, 11 de abril de 2023

Actividade 60: Biotecnoloxia (segunda parte)

1. Define organismo tranxénico.

2. En que consiste a enxeñería xenética?

3. Que son os órganos biónicos?

4. Que é o transhumanismo?

venres, 7 de abril de 2023

Actividade 59: A biotecnoloxía.

 A biotecnoloxía ou a tecnoloxía da vida é unha ciencia que pretende aplicar a tecnoloxía aos principios básicos da vida. Ides a descubrir algunhas das súas características.

1. Define dun xeito máis exacto que é a biotecnoloxía.

2. Cales son os campos de aplicación da biotecnoloxía?

3. Históricamente unha das primeiras aplicacións da biotecnoloxía foi o descubremento da penicilina en 1928. Como foi?

4. E que ten que ver a ovella Dolly con todo isto?

mércores, 5 de abril de 2023

Actividade 58: As células nai.

 Nas anteriores  entradas comentamos algúns aspectos básicos do ADN e da información xenética. En todas as células do corpo (excepto nas sexuais) e contido nos seus núcleos está a toda a información xenética dese organismo. Pero, nun organismo pluricelular hai moitos tipos de células con características propias. Como se poden formar estas células? 

Na páxina recursos está o vídeo titulado células nai (3:42) Logo de miralo facede unha entrada contestando:
- Como se chama a técnica empregada? 
- Que quere dicir que "os espermatozoide e os óvulos son células especializadas"? 
- Que son os cromosomas? 
- E un blastocisto?  
- Por que son tan importantes as células nai? 
- Que grave problema médico poden resolver estas células?

luns, 3 de abril de 2023

INFORME escrito: Análise de sangue.

 Para facer o informe escrito desta avaliación teredes que actúar como medicos. 

Un suposto paciente vos entrega un analise de sangue xa que esta a padecer diversos transtornos. Tedes que averiguar que lle pasa.

O informe consistirá en facer e cubrir do xeito mais preciso posible a seguinte táboa. 

Informe 1: ANÁLISE DE SANGUE.

Instrucións: A táboa mostra un análise de sangue ficticio. Tedes que:

1- Copia a táboa nun folio en branco.

2 - Cubre a táboa , indicando que mide cada parámetro. Procura manter o formato da táboa.

2 - Procurar cales son os valores considerados normais de cada parámetro, logo comparalos cos que aparecen na táboa. Todos os que sexan incorrectos os coloreades e indicade que trastorno ou enfermidade lle pasa á persoa que fixo o análise.

 

venres, 31 de marzo de 2023

Actividade 57: Exemplos de infografías.

 Continuamos traballando con infografías. Tedes que buscar 3 exemplos de infografías con temas e aspectos diferentes relacionadas ca mediciña e a biotecnoloxía. Procurade que sexan distintas nos seus formatos.

De cada unha facedes:

- unha captura de pantalla.

- unha breve descrición (1-2 liñas do que se explica na infografía)

Logo subides as infografías ao blog e engadides a descrición.

mércores, 29 de marzo de 2023

Actividade 56: Os transtornos mentais.

 As enfermidades mentais afectan aos procesos afectivos e cognitivos, ao comportamento, ao estado anímico e ao propio pensamento. Na sociedade actúal, co seu ritmo frenético, algúns deses transtornos adquiren unha gran importancia como no caso das ansiedades (como as fobias), nas alteracións das condutas alimentarias (por exemplo, a anorexía), nos transtornos de estado de ánimo (como as depresións) e moitos outros.

Tes que escoller tres enfermidades mentais de distinta índole. De cada unha describe:

- Tipo ou categoría do transtorno.

- Descrición do transtorno.

- Incidencia na poboación (preferiblemente no caso de España).

mércores, 22 de marzo de 2023

Actividades 53-55: A información xenética.

Iniciamos con esta entrada unha nova unidade do curso: Os xenes, a información xenética e a biotecnoloxía.

Neste caso cambiaremos a metodoloxía. Ide a páxina TEXTOS do blog da materia, buscade o texto A INFORMACIÓN XENÉTICA. Veredes que, en realidade son catro textos.

Empezade polo primeiro: Reprodución asexual e sexual. Hai que leelo e contestar no voso blog como unha entrada. 

Repetiredes o procedemento anterior cos outros tres textos creando sendas entradas.

luns, 20 de marzo de 2023

Actividade 52: As enfermidades "raras"

Polo menos o 8% da poboación mundial padece enfermidades raras ou pouco coñecidas.

Son un conxunto de afeccións crónicas que afectan proporcionalmente a un número limitado de persoas con respecto ao total da población mundial. Dependendo da enfermidade oscila entre 1 e 50 persoas de cada 100 mil casos.

Estimase que existen mais de 5 mil enfermedades raras diferentes. Pola súa baixa incidencia non se lle destinan recursos suficientes en investigación e tratamento.

O 29 de febreiro celébrouse o Día mundial das enfermidades raras.

Crea unha entrada no blog (15-20 liñas) indicando 5 destas enfermidades. De cada unha indica brevemente o seu nome e síntomas. 


venres, 17 de marzo de 2023

Infografías (por se necesitades axuda có traballo práctico desta avaliación)

 Ao comezo do curso comentei que íamos a facer distintos traballos como informes, mapas mentais e infografías. Chegou o momento das infografías. 

Unha infografía é, esencialmente, unha combinación de imaxes e textos presentados dunha forma atractiva, sintética e explicativa. O seu fin é informar dun xeito sinxelo e visual facilitando así a súa divulgación.
As infografías poden incluir calqueira recurso que facilite a súa comprensión como é o uso de gráficos e efectos. O obxectivo final é que cun  "golpe de vista" pódase entender información complexa e que, ademais, sexa facil de asimilar e lembrar.


Hai moitas aplicacións online para crear infografías de xeito gratuíto. Na maioría dos casos o único requisito de uso é contar cunha conta de correo electrónico. Podedes escoller a que máis os convenza.
Un exemplo é easel.ly que permite deseñar impactantes infografías, ben de xeito libre ou baseadas en modelos predeseñados.

En resume o proceso de creación é:
- Rexistrarse.
- Elixir entre o uso de patróns ou dun lenzo en branco.
- Inserir texto, datos ou imaxes sobre o tema elixido.
- (opcional) Inserir os obxectos predefinidos polo programa da libraría deste.

 

Un exemplo de infografía relacionada co derradeiro bloque do curso:
lembrade que para crear tanto as infografías como os mapas conceptuais podedes utilizar patróns predefinidos (opción máis fácil) ou deseñalos vos dende cero (opción máis personalizada)

 

xoves, 16 de marzo de 2023

Actividade 51: A mediciña nos séculos XVII-XIX.

 Fai un pequeno informe (de 15 a 30 liñas) describindo, alomenos, as investigacións e descubrementos de tres científic@s no campo da mediciña. de cada un indica nome, datas de vida e morte e descubremento/s.

martes, 14 de marzo de 2023

Actividade 50: A idade media.

  Durante o longo dominio de Roma a influencia dos "galenos" gregos na mediciña foi unha constante. 

O triunfo do cristianismo, como relixión oficial do imperio, supuxo unha nova concepción do que se consideraba unha enfermidade e de como se debía de loitar contra ela. Mentres que, en gran parte de Europa, a mediciña estivo baixo a tutela da relixión noutras zonas como pasou en algúns paises musulmáns seguíanse estudando e ampliando os tratados clásicos. 

Contesta:

1. Cal era a concepción cristiana da enfermidade?

2. A que se encomendou o tratamento dos enfermos? cales eran os hospitais da época?

3. Indica o nome de, alomenos, tres médicos de orixe árabe famosos.

venres, 10 de marzo de 2023

A vida: Que é Blob?

 A natureza nunca deixa de sorprender. Cantas especies únicas quedan por coñecer no planeta? cantas desaparecerán extinguidas antes de que as coñezamos? cal é o límite entre o que esta vivo e o que non?

xoves, 9 de marzo de 2023

Actividade 49: Coronavirus

A primeira tarefa relacionada coa enfermidade non pode ser outra que a relacionada co COVID e outras enfermidades víricas.

Tedes ques facer un informe (15-20 liñas) que inclúa como mínimo:

- Que son os virus?
- Que é un coronavirus? cantos tipos hai?
- Como se contaxía?
- Como ataca ao organismo?
- Medidas de prevención.

martes, 7 de marzo de 2023

Actividade 48: Diagnose e tratamento.

 O seguinte mapa de conceptos mostra as etapas -dun xeito xeral- no diagnóstico e tratamento das enfermidades así como algunhas novas terapias. Ten como finalidade o presentar os seguintes contidos do blog.

Define: diagnóstico, medicamento, ciruxía, patentes (dos medicamentos) e transplante (de órganos), principio activo.

xoves, 2 de marzo de 2023

Actividade 47: Os primeiros médicos.

 No campo da mediciña, como en tantos outros da antigúedade, destacaron os gregos. 

Tedes que facer unha entrada describindo brevemente a vida e as aportacións médicas de Galeno e Hipócrates.

mércores, 1 de marzo de 2023

Actividade voluntaria: Entreterse e aprender ... mira isto.

 Se tedes tempo e gañas para ver vídeos e pelis aconséllovos algúnhas para estar ao día, aprender e entreterse.

E como a actualidade manda neste enlace Pandemia podedes atopar series sobre pandemias causadas por virus.
Desgraciadamente a ficción non supera a realidade.
Se queredes facer algún comentario no voso blogue, poñéde como título Actividade voluntaria: Pandemia.

martes, 28 de febreiro de 2023

Procariota vs eucariota?

No seguinte enlace tedes unha noticia moi recente que pode cambiar o arbol da vida e un dos principios da clasificación dos seres vivos 

luns, 27 de febreiro de 2023

Actividade 46: As primeiras civilizacións.

 Seguindo ca presentación da Historia da mediciña, pasamos a estudar as primeiras civilizacións. Procurade información sobre:

- Indica algúns dos escritos das antigas civilizacións de Medio oriente, China, India, Exipto etc. que traten sobre temas relacionados ca saúde a a mediciña.

venres, 24 de febreiro de 2023

Actividade 45: Os orixes máxicos da mediciña.

  A mediciña naceu ligada aos poderes da natureza e sobrenaturais, ao temperamento cambiante dos deuses e dos espíritos malignos. Ides a indagar sobre isto, sobre chamáns, bruxos e bruxas, druidas ...

Buscade información e preparade un pequeno informe (entre 10 e 20 liñas) que colgareides como entrada no blog sobre aquelas persoas que xurdiron en todalas sociedades antigas e que, utilizando os seus supostos poderes máxicos, acadaron un importante posto nestas sociedades. 

mércores, 22 de febreiro de 2023

Actividade 44: A historia da mediciña.

No seguinte enlace tedes unha presentación sinxela sobre a historia da mediciña

É obrigatorio mirala detenidamente ... a empregaredes en breve como base para facer distintas entradas do blog.  🤔

luns, 20 de febreiro de 2023

Actividade 43: Dúas maravilas.

 Para rematar o segundo bloque da materia quero escoller un artigo científico cun enfoque moi especial e que enlaza o Universo e a Vida. Ide ao seguinte enlace, lede e facede un comentario sobre o mesmo e, se queredes, a vosa opinión.

Tedes un Universo no voso cerebro?

sábado, 18 de febreiro de 2023

Mediciña, xenes e biotecnoloxía.


 Iniciamos o bloque 3 onde estudaremos os seguintes contidos:

 - Historia da mediciña.
 - Diagnóstico e tratamento de enfermidades.
 - Que son os xenes?
 - O xenoma humano.
 - Fundamento da biotecnoloxía.
 - Transxénicos, células madre, clonación e terapia xénica.
 
Espero que vos parezan interesantes 👏

venres, 17 de febreiro de 2023

Novo bloque de contidos.

 

Iniciamos o terceiro bloque de contidos do curso que ten dúas partes:Mediciña e Xenética e Biotecnoloxía.

xoves, 16 de febreiro de 2023

Infografía: Traballo para entregar.

 Chegou a hora de crear unha infografía sobre a unidade a evolución humana.

No libro de texto (páxina 44) tedes un exemplo dunha infografía que vos pode servir de modelo, pero o aspecto da infografía é totalmente libre. Fixádevos nos exemplos da actividade anterior.

A infografía ten que representar como foi evolucionando a especie humana ao longo do tempo. 

Polo tanto ten que incluir:

- Imaxes (en formato pequeno) das distintas especies que se foron sucedendo na evolución. Non vae unha soa imaxe.

- Nome da especie, data aproximada de cando viviú e zona onde se localizaron os seus fósiles.

- Na infografía hai que facer un mínimo de 6 especies de entre as 12 seguintes procurando diversificar entre os distintos géneros:

    - Ardipithecus Rámidus.

    - Homo Antecesor.

    - Homo Hábilis.

    - Australopithecus africanus.

    - Homo Neanderthalensis.

    - Orrorin Tunengensis.

    - Australopithecus anamensis.

    - Homo Sapiens.

    - Homo Ergaster.

    - Australopithecus afarensis.

    - Homo Rudolfensis.

    - Homo Geórgicus.

Tedes ata o venres 17 de marzo para entregala impresa, coma sempre facede unha captura de pantalla para colgala do voso blog.

mércores, 15 de febreiro de 2023

Mapa de conceptos: a química da vida.

 Para rematar con esta unidade da Vida e a evolución deixo unha infografía creada con Xmind, un programa que permite facer infografías on line ou descargando dito programa. En ambos casos trátase dunha versión de proba coas conseguintes limitacións, fundamentalmente que deixa unha marca de propiedade no resultado final (facilmente ocultable, por outra banda).

Algunhas recomendacións:

- Aínda que podedes empregar varias aplicacións para facer os mapas e preferible usar sempre a mesma, especialmente se usades as plantillas que todos teñen por defecto pois o seu deseño normalmente non vai a coincidir entre os programas.

- É preferible que os vosos mapas teñan un deseño similar. É o voso estilo, que aparecerá periódicamente no blog.

- Antes de escoller a aplicación que ides a utilizar, dedicade un tempo a probar entre as moitas opcións que hai, especialmente importante é que vos permita gardar o resultado nun formato que poidades exportar a outros documentos (como os informes deste curso) e que, por outra banda, sexa facil de colgar no voso blog. Para os informes recomendo gardalos como .pdf; para o blog como formato de imaxe (.jpg .pgn .gif ...)

sábado, 11 de febreiro de 2023

Actividade 42: O encéfalo.

 Nesta entrada aprenderemos como foi evolucionando o cerebro nos vertebrados ata acadar o seu máximo desenvolvemento na especie humana.

Na páxina recursos está o vídeo (6:25) Logo de miralo facede unha entrada contestando:
  1. Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función?
  2. Que parte do cerebro desenvolveuse coa aparición dos mamíferos? que nos aportou?
  3. Que é e de que se encarga o neocortex?
  4. Cal é a diferenza fundamental a nivel do encéfalo entre os humanos e os chimpancés?

xoves, 9 de febreiro de 2023

Actividade 41: Neandertais.

Neandertais e Homo sapiens convivimos durante un longo tempo. Logo os primeiros desapareceron ...

Nesta entrada tes que facer un breve informe (entre 15 e 20 liñas) contestando a: cando desapareceron?, por qué desapareceron? cruzáronse cos Homo sapiens? e para rematar, onde se teñen descuberto os restos máis recentes (que indicarían os últimos lugares onde viviron)

luns, 6 de febreiro de 2023

Actividade 40: O proceso da hominización.

 O traballo impreso desta avaliación é facer unha infografía da evolución humana. Cando o elaboredes observade as moitas especies e xéneros que constitúen o "noso árbore xenealóxico". Pero dentro desa variedade podemos observar como o proceso evolutivo seguíu unhas tendencias determinadas que, ao longo do tempo, nos foron afastando das características dos primates como, por exemplo, o andar bípedo ou o aumento do cráneo.

Nesta entrada tes que ampliar cales foron ditas tendencias evolutivas.

venres, 3 de febreiro de 2023

Crear infografías (parte 2)

Hai moitas aplicacións online para crear infografías de xeito gratuíto. Na maioría dos casos o único requisito de uso é contar cunha conta de correo electrónico. Podedes escoller a que máis os convenza.
Un exemplo é easel.ly que permite deseñar impactantes infografías, ben de xeito libre ou baseadas en modelos predeseñados.

En resume o proceso de creación é:
- Rexistrarse.
- Elixir entre o uso de patróns ou dun lenzo en branco.
- Inserir texto, datos ou imaxes sobre o tema elixido.
- (opcional) Inserir os obxectos predefinidos polo programa da libraría deste.

martes, 31 de xaneiro de 2023

Infografías (parte 1)

 No segundo trimestre ides a traballar con infografías. Para ir entendendo o que son, os distintos tipos delas e a súa utilidade consulta o seguinte enlace onde tamén tes información sobre os mapas conceptuais.

Infografía e mapa

sábado, 28 de xaneiro de 2023

Actividade 38-39: A evolución humana (vídeo)

 No seguinte enlace tedes un vídeo sobre a evolución humana. Tamén o podedes atopar na sección recursos.  Se imos ben de tempo o veremos durante as clases. Non é para publicar no voso blog.


A actividade consistirá en: 
 
- visualizalo e anotar as diferentes especies "da nosa familia" que van aparecendo indicando cales foron os seus logros evolutivos.
 
- Situalos cronolóxicamente e gardar unha imaxe dos posible aspecto de cada especie.
 
- Está previsto facer un mapa de conceptos ou unha infografía sobre a evolución humana, polo tanto podedes aproveitar esta actividade para ilo preparando.

xoves, 26 de xaneiro de 2023

Actividade 37: Extincións.

 Desgraciadamente non temos nin idea da maioría das especies que, nalgún momento, habitaron terras e océanos. Por non saber nin sequera coñecemos cantas especies hai na actualidade. 

Que é o que condiciona as posibles especies que hai nun planeta? Pois fundamentalmente tres causas: os "recursos" necesarios para a vida; o proceso de evolución , que determina que só as especies mellor adaptadas ao medio poden sobrevivir; e finalmente outros factores que fan que, periodicamente, a Terra pase por épocas de grandes extincións.

- Das distintas extincións que se produciron na historia da Terra indica: cando sucedeu cada unha, a que foi debida, 1 ou 2 exemplos de especies que desaparecerón e, se atopas, que porcentaxe de especies se extinguiron. 


mércores, 25 de xaneiro de 2023

Os bichos feos.

 Neste percorrido pola Ciencia imos do máis grande ao máis pequeno, do uso dos grandes telescopios e radiotelescopios empregados na observación do Universo e as súas marabillas ao uso dos microscopios electrónicos de barrido que obteñen imaxes non menos impresionantes dos seres máis diminutos que habitán o noso planeta.

 

Na páxina de Scott Russell, do Samuel Roberts Noble Microscopy Lab da universidade de Oklahoma (USA) tedes impresionantes imaxes de seres microscópicos tomadas cun microscopio de barrido.

luns, 23 de xaneiro de 2023

Actividade 36: A evolución.

 Entender como funciona a evolución en detalle é moi complexo e estamos lonxe da súa comprensión, pero os mecanismos basicos que a rixen parecen claros. Imos a comprobalo ...

1 - Tes que buscar unha infografía que explique como funciona a evolución, procura que a explique dun xeito claro e sinxelo. Fai unha captura e súbela ao teu blog.

2 - Indica as principais etapas do proceso evolutivo debaixo da infográfia. Como orientación te indicaré algunhas delas: variabilidade xenética, loita pola supervivencia, selección natural ...

xoves, 19 de xaneiro de 2023

Resultado de imagen de importante imagen 

A cualificación da materia para o segundo parcial sera:

Entradas do blog. Da 24 a 42. Ata 5 puntos.

Exame. Ata 3 puntos. Os contidos tomaranse de:

- Aula virtúal, tema 3 (A vida), presentacións a vida 1 e a vida 2.

- Entradas do blog: 28,30,31,34,36.

Traballos. Ata 2 puntos. 

- Informe sobre Mediciña (ata 1p) 

- Infografía sobre Evolución humana (ata 0,5p)

(se non dera tempo a facer a infografía a súa nota, aproximadamente 1 punto, engadirase ao valor do exame)

Os prazos para rematar entradas de blog e informe de Mediciña xa foron publicados)

 

mércores, 18 de xaneiro de 2023

Actividade 35: Darwin e Wallace.

 A teoría da Evolución o explica como xurdiron os millóns de especies, de características moi diferentes, que habitan ou habitaron a Terra, a partir dun hipotético ser inicial.

Sen dúbida sabes quén é Darwin pero ... sabes quén é Wallace? No seguinte enlace terás a resposta.

Evolución

1 - Cal foi a causa pola que Darwin, e non Wallace, é considerado o "pai" da teoría da evolución?

2 - En que zonas xeográficas "recolectaron" respectivamente as probas de que os seres vivos evolucionan?

3 - Qué observou Darwin nas illas Galápagos?

4 - A que se refire o termo "loita pola supervivencia"? 

luns, 16 de xaneiro de 2023

Actividade 34: As formas acelulares.

En entradas anteriores vimos ca diferenza entre o que consideramos un ser vivo nas súas formas máis sinxelas fronte a materia inerte ou sen vida non sempre está claro.

Na anterior actividade vimos que os seres vivos máis primitivos e sinxelos son un grupo moi amplo e descoñecido aos que chamamos xenéricamente bacterias. 

  Soe definirse a célula como o nivel de organización dos seres vivos máis pequeno con vida propia. Por iso é tan importante en bioloxía. Pero na Terra hai outros "seres" que non sendo células parecen ter vida. Será certo isto?.

 Agora tedes que buscar información sobre as formas acelulares e contestar o seguinte:  

1.  Que son? 

2. Que tipos hai? 

3. Son seres vivos ou non? Razoa a resposta.


venres, 13 de xaneiro de 2023

Un texto de ciencia

LECTURA OBRIGATORIA 💂

O dodo (Raphus cucullateus) orixinario da illa Mauricio, no océano Indico, extinguiuse en 1681, uns 100 anos despois de que o descubrisen os navegantes europeos. Hoxe a historia do dodo é un exemplo das perigosas consecuencias da acción humana sobre unha natureza da que tódolos seres vivos dependemos.

https://fumedeestrelas.files.wordpress.com/2014/07/dodo.jpgPero o dodo non foi o único, con el desapareceron en un breve período de tempo polo menos tres especies de réptiles, catro de aves e un número non determinado doutras especies, todas elas únicas. A caza sen mesura, a destrución dos seus hábitats naturais e a introdución de animais domésticos (porcos, cans, gatos e cabras) e outros menos desexados (como as ratas que viaxaban nas adegas dos mercantes) supuxo o fin para estes fráxiles habitantes orixinarios da illa.

Pero a historia do dodo é máis tráxica na súa beleza. O enorme ave de estraño pico, 25 quilos de peso, plumaxe gris e andar torpe, coas súas minúsculas ás inútiles, foi bautizado polos mariños holandeses como dodo, é dicir, un “bobo” que nin sequera intentaba escapar cando era cazado como alimento. En realidade, o dodo non era máis tonto cas outras aves, simplemente estaba perfectamente adaptado ao seu medio ambiente, pero este non incluía depredadores, como o home.

En 1973 o investigador S. Tempero chegou a Mauricio. A súa preocupación non era o dodo, senón unha magnífica árbore, a Calvaria ou Tambalacoque, (Sideroxylon grandiflorum) antano abundante na illa e da que daquela só quedaban 13 exemplares, todos eles nacidos antes de 1680, o derradeiro ano dos dodos en liberdade . Podería haber relación entre a extinción do dodo e a incapacidade de xerminar das sementes da Calvaria? Tempero pensaba que sí e se dispuxo a demostralo. Tiña coñecemento de que, para xerminar, certas sementes necesitan abrandar a súa dura casca mediante un ataque físico-químico que resulta do seu paso polo aparato dixestivo dalgún animal que se alimentou cos froitos. Tempero recollo froitas de Calvaria e deullas a comer ós animais máis parecidos a o extinto dodo que habitaban a illa: os pavos domésticos que troxeran os colonos. Recolleu os excrementos entre os que estaban as sementes de Calvaria e as plantou. Pasado o tempo foi testemuña do nacemento das primeiras Calvarias nos últimos 300 anos.
O dodo perdeuse para sempre pero afortunadamente aínda podemos gozar do seu alimento favorito, a Calvaria.

mércores, 11 de xaneiro de 2023

Actividade 33: O árbore da vida.

  Agora que xa traballamos sobre a vida, os seres vivos e as súas características chega o momento de darlle algo de imaxe ao teu blog. O arbore da vida é unha representación esquematizada de como evolucionaron os seres vivos ao longo do tempo.

Nesta sinxela actividade tes que subir unha/s imaxe/s o máis actualizada/s posible sobre o árbore da vida.

luns, 9 de xaneiro de 2023

Actividade 32: Orixe da Vida.

  Seguindo con esta serie de actividades sobre a orixe da vida agora tentaredes de explicar como poideron ser os primeiros habitantes do noso planeta.

1 - Cando apareceron os primeiros seres vivos? Como eran?

2 - Por que pensamos ca vida xurdiu na auga?

3 - Hai outras explicacións alternativas a como e onde apareceron os primeiros seres?

domingo, 8 de xaneiro de 2023

Avaliación 2: Traballos e datas


Resultado de imagen de importante imagen

Aínda que non son datas definitivas a 2ª avaliación sería entre o 27 e o 30 de marzo, xusto antes de Semana Santa. 

Dado o tempo que leva correxir blogs, informes e demais as datas de entrega límites son:
- 10 de marzo: derradeiro día para "pechar" as entradas do blogue.
- 1 de marzo: derradeiro día para  entregar a infografía da evolución.. 
- 15 de febreiro: derradeiro día para entregar os traballo impreso de mediciña.  
Logo destas datas (salvo causa xustificada) non se admitiran.

Recomendo levar as entradas ao día e entregar traballos con antelación e así evitar sorpresas.

Lémbrovos que tedes especificadas os requisitos das tarefas na páxina INFORMES e OUTROS deste blogue.

Comments system

Disqus Shortname