Programa do curso

1. Tipos de traballos para facer (metodoloxía).

  • Crear entradas propias no blog (vos escolledes temática e presentación pero sempre que estén relacionadas coa materia) ao longo de todo o curso.
    • para todos, de xeito voluntario, nunha sección ou páxina que tedes que crear e que chamaredes VOLUNTARIOS
  • Facer as entradas ou actividades obrigatorias no blog (aparecen na páxina principal do blogue de Cultura Científica) ao longo de todo o curso.
    • para todos, obrigatorias, na páxina principal do voso blog, o título será actividade nº ....
    • este apartado conta como ata un máximo de 50% da nota (ata 5 puntos)
  • Facer os informes obrigatorios impresos ou en pendrive das distintas unidades ou temas do curso. Os que teñades o libro da materia (recomendado) podedes utilizalo como punto de partida para facer os informes. 
    •  este apartado conta como ata un máximo de 20% da nota (ata 2 puntos)
  • Facer probas de coñecementos avaliables (exames) 
    • este apartado conta como ata un máximo do 40% da nota (ata 4 puntos)
 Dependendo do desenvolvemento do curso adaptarase cada apartado para que a suma final sexa do 100%.

 2. Como facer as tarefas (procedementos)
 
  • Para as entradas no voso blog sempre procurade que teñan un aspecto "uniforme" , empregade o mesmo tipo de letra e o mesmo formato, a extensión de cada entrada vai variar pero evitade entradas moi curtas ou moi longas, cas imaxes que engadides as entradas as mesmas recomendacións. é obrigatorio ponerlle o nome da actividade.
  • Para os informes a entregar empregaredes distintos procedementos: informes escritos cun procesador de texto; presentacións tipo Power point ou Prezi; infografías; mapas conceptuais e mentais, webmix ...
    • Dependendo do caso os informes os colgaredes como unha páxina estática do blogue ou os entregaredes impresos ou en pendrive.
    • As infografías e os mapas conceptúalis as colgaredes como sendas entradas do voso blogue (para iso unha vez feitas lles facedes unha captura de pantalla) e logo colocades esa captura no voso blogue na páxina principal. Por outra banda tanto infografía como mapa os tedes que imprimir en A4 a cor.
    • Hai moitas aplicacións para facer infografías e mapas, tanto de descarga como on line. Algúns exemplos son Ease.ly para infografías e GitMind, Creately ou Text 2 Mind Map para mapas. Podedes escoller calquera destas ou doutras, pero o meu consello é que miredes algo que non se soe ter en conta, unha vez feitos a infografía ou o mapa se vos permiten descargar o resultado e en que formado. 
    • Se nos dera tempo no terceiro trimestre crearíamos unha webmix con Symbaloo. 
 
3. Cales son as unidades do curso (programa)
  • As seguintes unidades resulta da adaptación ao formato do blog dos contidos que aparecen na programación da materia.
  • A secuencia na que imos a dar as unidades e, polo tanto, as unidades que forman parte de cada avaliación pode variar na súa orde. 
  • Non hai un libro da materia obrigatorio, pero si recomendado. Nese libro podedes atopar moita da información necesaria para facer as actividades dun xeito resumido e claro, pero tendo en conta que un dos obxectivos da materia é a procura e análise crítico de información científica en xeral o uso da rede como fonte de información sempre é necesaria.
 
1ª avaliación -  UNIDADES 0, 1 e 2.
 O UNIVERSO e SISTEMA SOLAR (repaso), A TERRA E A VIDA.
      1. A cultura científica. 
      2. Ciencia e sociedade.
      3. A imaxe actual do Universo. (repaso)
      4. O Sistema Solar.  (repaso)
      5. A Terra, un planeta dinámico.  
      6. Unha viaxe cara ao interior da Terra.   
      7. Wegeneros continentes se moven.    
      8. As placas terrestres: oróxenos, volcáns e terremotos. 
      9. A máquina Terra. 
      10. Historias da Terra. 
      11. A receita da vida. O ADN   
      12. Que é a vida? A orixe da vida. 
      13. As probas da evolución contra o Fixismo.
      14. Darwin: os seres vivos evolucionan.   
      15. A diversidade da vida.   

     2ª avaliación -  3, 4, 5, 6 e 7. 
      O SER HUMANO, A REVOLUCIÓN XENÉTICA; MEDICIÑA
    (esta avaliación está baseada en que os seus contidos forman un bloque moi diferenciado dos das outras avaliacións, pero a súa amplitude pode requerir que parte destes contidos se avalíen tanto na 1ª avaliación como na 3ª)  
      1. Teorías sobre a orixe da humanidade.
      2. Dos primates aos homínidos.
      3. Orixe e liñas evolutivas da estirpe humana.     
      4. Humanización.
      5. A revolución xenética. Historia.
      6. O ADN e os xenes.
      7. O xenoma humano. A epixenética.
      8. Enxeñería xenética.
      9. Células nai e clonación.
      10. Que é a biotecnoloxía? Aplicacións.
      11. Transxénicos.
      12. Historia da mediciña.
      13. Saude e sanidade.
      14. Fármacos e medicamentos. 
      15. Técnicas de diagnóstico (radiografía, TAC, resonancia, ecografía, mediciña nuclear, electroencefalograma)
      16. Os transplantes.
      17. As alternativas á mediciña científica.

    3ª avaliación -  UNIDADES 8 e 9.
     NOVAS TECNOLOXÍAS
      1. Información e sociedade.
      2. Informática e ordenadores.                                           
      3. Compoñentes dun ordenador (apartados 2 e 3)                       
      4. Analóxico vs dixital  (apartados 4 e 5)                            
      5. Multimedia.                                                                       
      6. Internet: un mundo interconectado.                                                    
      7. HTML: a linguaxe de internet (inclúe dirección URL e IP) 
      8. Os problemas de Internet (spyware, adware, internet escuro ...) 
      9. As redes sociais.                                                              
      10. Privacidade e seguridade na rede.                                
      11. Fibra óptica e tecnoloxía led. 
      12. Sistemas de posicionamento por satélite.                     
      13. Telefonía movil, smartphones.  
      14. Outras tecnoloxías dixitais (smart tv ...) 
      15. Mañá é o futuro.                                                                                                                                            

    4. Avaliación dos traballos. 

    Nas actividades obrigatorias no blog (as entradas) a puntuación de cada entrada dependerá dos contidos desta (a súa dificultade e importancia) e do número de entradas (polo xeral unhas 20) que se fagan en cada avaliación. Como norma xeral a puntuación estará comprendida entre 0,2 e 0,5 puntos por entrada.
    • Periódicamente correxirei as entradas que se vaian facendo, se hai erros graves nelas farase un comentario na propia entrada e, por outra banda, se hai unha o mais entradas se facer non se avisará, pois ata final do trimestre pódense facer.
    • En relación co apartado anterior as entradas non se puntuarán ata o final da avaliación.
    • Como procedemento xeral empezarase a correxir dez días antes da avaliación e rematarase unha semana antes da mesma. O remate do prazo anunciarase no blog. 
    • As entradas que non se fixeron, dado que é unha avaliación contínua, deberanse de facer na orde que lles corresponda antes das entradas da seguinte avaliación.

    Nos informes e outros traballos escritos  indicarase o prazo de entrega.

    Os exames  anunciaranse no blog. Preferentemente empregarase a aula virtúal.
     

    5. Recuperación da materia suspensa. 

    Nas actividades obrigatorias no blog hai que facer o seguinte:
    - Na páxina principal do voso blog creades unha sección chamada RECUPERACIÓN. Se non o sabedes facer preguntádeme.
    -  As entradas que, durante o curso, non se fixeron ou se fixeron mal as colocades en orde do mesmo xeito que se fai normalmente.

    Nos informes e outros traballos escritos entregáranse ao longo do terceir otrimestre do curso.

    Os exames  farase un exame de recuperación. Preferentemente empregarase a aula virtúal.

    Comments system

    Disqus Shortname