xoves, 18 de maio de 2023

Traballos de fin de curso.

 A semana pasada rematamos cas entradas dos blogs. Como nas outras avaliacións as entradas, xunto cos traballos e o exame darán a nota da terceira avaviación. Para @s que suspendades o procedemento de recuperación está descrito nunha entrada anterior do blog.

Para todos queda por facer dúas actividades globais que teredes que entregar por escrito: unha relacionada con mapas mentais e outra có cine como recurso educativo. A nota de ambas xunto ca media das notas das tres avaliacións daran a nota final da materia.

mércores, 17 de maio de 2023

Actividade final: O cine como recurso educativo

O cine en xeral, e a ciencia-ficción en particular, é un recurso educativo moi motivador para abordar diferentes aspectos da ciencia, da tecnoloxía e da ética. As películas ofrecen, xunto coas liñas de argumento máis convencionais e comerciais, unha visión do Universo-Terra, da humanidade, da bioloxía e a tecnoloxía e de todas as implicacións que entre elas se establecen que fainos reflexionar, aprender e por suposto emocionarnos.
Neste sentido os obxectivos que procura a materia de Cultura Científica é a súa programación son especialmente axeitados para o seu uso.
Por todo isto e, como remate do curso, ides a facer unha actividade que consiste no visionado e posterior comentario dalgunhas películas de ciencia ficción que tratan diferentes temas relacionados coa materia.


Tedes que facer o seguinte:
- do listado de abaixo escollede unha película. Decídeme cal é, e convinte que antes vos informedes de        que vai.
- cando estén todas escollidas durante 3 ou 4 clases visualizaredes a película.. Evidentemente ten que       estar en contido aberto por internet, É obrigatorio facelo na clase e empregar auticulares.
- unha vez rematada de ver tedes que facer un texto escrito para entregar có título da película é un comentario que inclúa:
    - datos sobre a película: ano, director/a, protagonistas ...
    - argumento detallado.
    - que temas relacionados coa ciencia se tratan na película como por exemplo, a clonación, a vida                    extraterrestre, medioambiente etc. Hai que comentalos.
    - valoración persoal.

Os dous últimos apartados teñen que ser creacións propias, non vai valer o copialas de internet. Logo, nas seguintes clases se da tempo expoñeredes a vosa película e faremos un turno de preguntas.
A orde das películas non responde a ningún criterio.

Intellestelar (Christopher Nolan, 2014)

2001: unha odisea do espazo (Stanley Kubrick, 1968)

Alien 1 (Ridley Scott, 1979)

I.A. (Steven Spielberg, 2001)

Avatar 1 (James Cameron, 2009)

Matrix, triloxía dirixida polos hermanos Wachowski en 1999 e 2003

Moon  (Duncan Jones, 2009)

Blade Runner 1 (Ridley Scott, 1982) Hai unha nova versión do 2017 dirixida por Denis Villeneuve.

Dune  (David Lynch, 1984)

Distrito 9

Prometheus (Ridley Scott, 2012)

 Gattaca (Andrew Niccol, 1997)

Planeta de los simios 1 (varios) Saga formada por 9 películas que se iniciou en 1968 e cuxa derradeira película é do ano 2017.

Sunshine (Danny Boyle, 2007)

Hijos de los hombres

Metrópolis (Fritz Lan, 1927) 

Mad Max: Furia en la carretera (2015)

Guerra das galaxías (varios) Probablemente a máis famosa e valorada saga da ciencia ficción cinematográfica. O universo Stars Wars inclúe varias triloxías, precuelas e secuelas e outras películas relacionadas. En total 10 películas principais  estrenadas dende 1977 a 2017 ... e se esperan novas entregas.

luns, 15 de maio de 2023

A modo de despedida da materia.

Outro exemplo dun mapa mental creado con Text2MindMap e referido á materia. É un exemplo sinxelo e incompleto sobre a cultura científica a modo de despedida da materia.




venres, 12 de maio de 2023

Procedemento para recuperar a materia suspensa.

 Na sección do blog da materia chamada Programa do curso tedes explicado o procedemento para recuperar a materia suspensa.

Non vos desanimedes, xa vos dixen que a clave para aprobar e a constancia no traballo ... e non despistarse cos prazos de entrega.

xoves, 4 de maio de 2023

NON ENVIAR mensaxes inútiles

Da igual que sexa ao usar WhatsApp, Instagram, Twitter, correo electrónico ou calquera das redes sociais. O mesmo cando empregamos os servizos na nube. Non hai forma de evitalo ... estamos contribuíndo ao efecto invernadoiro da Terra.
Lede o seguinte enlace e estaremos contaminando, sigamos facendo os nosos blogues e teremos o mesmo resultado. 
Que podemos facer? Abandonalo todo, pois non. 
Simplemente sexamos racionais no uso destes medios e sexamos conscientes do que conlevan.
Seguide facendo os blogs.

mércores, 3 de maio de 2023

Actividade 66: Eunice Foote

Como homenaxe as mulleres científicas as que, na maioría dos casos, non se lles recoñece o seu traballo e a súa valía colgó, a modo de exemplo, una entrada sobre Eunice Foote, precursora da teoría do cambio climático.


Tes que ler o texto e facer un comentario (mínimo 10 liñas)

luns, 1 de maio de 2023

Páxinas sobre ciencia

 Hai vai o derradeiro exemplo dunha interesante páxina sobre ciencia en castelán:Materia
 

MATERIA  é unha webde ciencia, medio ambiente, saúde e tecnoloxía, que está online dende xullo de 2012.
MATERIA conta cunha redación experimentada e multipremiada, dedicada en exclusiva a elaborar información de alta calidade, con rigor e independencia.
MATERIA ten un consello editorial formado por algún dos máis prestixiosos profesionais da ciencia, a tecnoloxía, o medio ambiente e a saúde en español.
(tomado da páxina web)

venres, 28 de abril de 2023

Actividade 65: Novas tecnoloxías e materiais (segunda parte)

 Continuamos a actividade anterior investigando 10 tecnoloxías cun gran futuro facendo unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada unha: nanorobots, internet das cousas, tecnoloxía LED, big data, intelixencia artificial, blockchais, domótica, computación na nube, metaverso, GPS.

Comments system

Disqus Shortname