Amosando publicacións coa etiqueta científicas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta científicas. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2022

Activiade 15: Unha revista científica en galego.

Dentro das publicacións con contido científico de ámbito nacional ides a botarlle unha ollada á revista GCiencia 
Definido polos seus editores como  "un xornal dixital envorcado no fomento do coñecemento científico e tecnolóxico entre un público xeralista" ten artigos moi interesantes.

A tarefa consistirá en navegar pola publicación, seleccionar o/os artigo/os que vos parezan máis interesantes e facer unha breve reseña. Tedes que indicar en que sección está o artigo e a data de publicación.

xoves, 29 de setembro de 2022

Actividade 7: O programa do curso.

Nas actividades anteriores fixemos unha aproximación xeral a algunhas das características da ciencia. Nesta entrada imos a  coñecer os temas científicos que trataremos ao longo do curso.

Ide á páxina Programación do blog da materia, lede con atención as características e programa e contestade:

1. Que disciplinas ou ramas da ciencia (como a Química) imos a coñecer. Decide, alomenos, 5 exemplos.

2. Definide cada unha delas. 

3. Indicade algunha científica ou científico que destaca ou destacou nesa rama. Cal foi a súa aportación?

E, por suposto, se tedes dúbidas sobre a primeira parte (tipos de traballos, etc) preguntade. 💪

xoves, 22 de setembro de 2022

Actividade 5: O método científico.

  No blog da materia ide a sección TEXTOS/ texto MÉTODO CIENTÍFICO. Logo, no voso blog, creade unha entrada contestando:

1. Que é a ciencia? 

2. Compara hipótese e teoría: que teñen en común e que as diferenza?

3. Cal é a importancia da experimentación no método científico?

4. Procura de información na rede: Qué científico ou científicos empregaron por vez primeira o método científico?

luns, 19 de setembro de 2022

Actividade 4: A orixe da ciencia moderna.

Continuamos analizando o texto CIENCIA E CULTURA.

 1. En outro momento do texto que non vos figura aparece a seguinte frase  "... cuando se comienzan a superar las limitaciones al conocimiento que supuso asumir que la verdad estaba unicamente en los textos clásicos (civilizaciones griega y romana) y en las creencias religiosas (cristianismo, judaismo) exclusivamente". Que quere dicir esta frase en relación ao orixe da ciencia moderna?

2. En que rama do coñecemento se empregou por vez primeira os criterios científicos? e entre os primeiros científicos, quen destaca ao empregar a experimentación como método?

3. Que son o método inductivo e o método deductivo? Indica un representante de cada método.

venres, 17 de xaneiro de 2020

Actividade 11: O 11 de febreiro

Co gallo do "Día internacional da muller e da nena en Ciencia" o 11 de febreiro  no IES Escolas Proval organizaremos, como noutros cursos, unha exposición de científicas de tódalas épocas e os seus descubrimentos e achegas.
Tamén organizaranse dúas charlas a cargo de recoñecidas científicas galegas.

Vos participades activamente creando eses carteis. ANIMO e facede un bo traballo.

Comments system

Disqus Shortname