Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tecnoloxía. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de maio de 2023

Actividade final: O cine como recurso educativo

O cine en xeral, e a ciencia-ficción en particular, é un recurso educativo moi motivador para abordar diferentes aspectos da ciencia, da tecnoloxía e da ética. As películas ofrecen, xunto coas liñas de argumento máis convencionais e comerciais, unha visión do Universo-Terra, da humanidade, da bioloxía e a tecnoloxía e de todas as implicacións que entre elas se establecen que fainos reflexionar, aprender e por suposto emocionarnos.
Neste sentido os obxectivos que procura a materia de Cultura Científica é a súa programación son especialmente axeitados para o seu uso.
Por todo isto e, como remate do curso, ides a facer unha actividade que consiste no visionado e posterior comentario dalgunhas películas de ciencia ficción que tratan diferentes temas relacionados coa materia.


Tedes que facer o seguinte:
- do listado de abaixo escollede unha película. Decídeme cal é, e convinte que antes vos informedes de        que vai.
- cando estén todas escollidas durante 3 ou 4 clases visualizaredes a película.. Evidentemente ten que       estar en contido aberto por internet, É obrigatorio facelo na clase e empregar auticulares.
- unha vez rematada de ver tedes que facer un texto escrito para entregar có título da película é un comentario que inclúa:
    - datos sobre a película: ano, director/a, protagonistas ...
    - argumento detallado.
    - que temas relacionados coa ciencia se tratan na película como por exemplo, a clonación, a vida                    extraterrestre, medioambiente etc. Hai que comentalos.
    - valoración persoal.

Os dous últimos apartados teñen que ser creacións propias, non vai valer o copialas de internet. Logo, nas seguintes clases se da tempo expoñeredes a vosa película e faremos un turno de preguntas.
A orde das películas non responde a ningún criterio.

Intellestelar (Christopher Nolan, 2014)

2001: unha odisea do espazo (Stanley Kubrick, 1968)

Alien 1 (Ridley Scott, 1979)

I.A. (Steven Spielberg, 2001)

Avatar 1 (James Cameron, 2009)

Matrix, triloxía dirixida polos hermanos Wachowski en 1999 e 2003

Moon  (Duncan Jones, 2009)

Blade Runner 1 (Ridley Scott, 1982) Hai unha nova versión do 2017 dirixida por Denis Villeneuve.

Dune  (David Lynch, 1984)

Distrito 9

Prometheus (Ridley Scott, 2012)

 Gattaca (Andrew Niccol, 1997)

Planeta de los simios 1 (varios) Saga formada por 9 películas que se iniciou en 1968 e cuxa derradeira película é do ano 2017.

Sunshine (Danny Boyle, 2007)

Hijos de los hombres

Metrópolis (Fritz Lan, 1927) 

Mad Max: Furia en la carretera (2015)

Guerra das galaxías (varios) Probablemente a máis famosa e valorada saga da ciencia ficción cinematográfica. O universo Stars Wars inclúe varias triloxías, precuelas e secuelas e outras películas relacionadas. En total 10 películas principais  estrenadas dende 1977 a 2017 ... e se esperan novas entregas.

xoves, 4 de maio de 2023

NON ENVIAR mensaxes inútiles

Da igual que sexa ao usar WhatsApp, Instagram, Twitter, correo electrónico ou calquera das redes sociais. O mesmo cando empregamos os servizos na nube. Non hai forma de evitalo ... estamos contribuíndo ao efecto invernadoiro da Terra.
Lede o seguinte enlace e estaremos contaminando, sigamos facendo os nosos blogues e teremos o mesmo resultado. 
Que podemos facer? Abandonalo todo, pois non. 
Simplemente sexamos racionais no uso destes medios e sexamos conscientes do que conlevan.
Seguide facendo os blogs.

venres, 28 de abril de 2023

Actividade 65: Novas tecnoloxías e materiais (segunda parte)

 Continuamos a actividade anterior investigando 10 tecnoloxías cun gran futuro facendo unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada unha: nanorobots, internet das cousas, tecnoloxía LED, big data, intelixencia artificial, blockchais, domótica, computación na nube, metaverso, GPS.

mércores, 26 de abril de 2023

Actividade 64: Novas tecnoloxías e materiais (primeira parte)

 O desenvolvemento da tecnoloxía comenzou cos primeiros homínidos e condicionou a súa evolución ata chegar á situación actúal. Tecnoloxías como a produción de lume, a fabricación de armas, as técnicas agrícolas, a cerámica, o textil e outras son a base da nosa actúal civilización. O mesmo podemos dicir de materiais como o bronce, o vidro ou o aceiro.

Para rematar o curso faredes dúas entradas descubrindo algunhas das tecnoloxías e materiais que estanse a desenvolver e que seguirán condicionando o noso futuro. 

Empezaredes investigando 10 tecnoloxías cun gran futuro facendo unha breve descrición (mínimo 3 liñas) de cada unha:

estaneno, biomaterial (pon exemplos), grafeno, materiais intelixentes (pon exemplos), semicondutores, materiais nanoporosos, nanocelulosa, materiais topolóxicos, shrilk, materiales autoreparables.

luns, 24 de abril de 2023

Actividade 63: Dicionario de acrónimos.

 Con esta entrada iniciamos a derradeira unidade do curso que xira en torno e ese concepto tan amplo que é o da tecnoloxía e, dentro dela, dela imos a comenzar por internet.


A popularización das novas tecnoloxías, coa súa lingüaxe propia, fai que -cada vez máis- empreguemos acrónimos (palabras formadas polas iniciais, e as veces por máis letras, doutras palabras) dos que descoñecemos o seu significado. Por exemplo, ESO e un acrónimo de Educación Secundaria Obrigatoria.

A actividade consiste en crear un dicionario de acrónimos relacionados con internet. Que hai que facer?
- Procurar un mínimo de 10 acrónimos relacionados con internet, por ejemplo de computación, redes, software, "nube", etc. 
- Publicalo como un dicionario (é dicir, en orde alfabético), por exemplo:

        ESO: acrónimo de Educación Secundaria Obrigatoria.

venres, 7 de abril de 2023

Actividade 59: A biotecnoloxía.

 A biotecnoloxía ou a tecnoloxía da vida é unha ciencia que pretende aplicar a tecnoloxía aos principios básicos da vida. Ides a descubrir algunhas das súas características.

1. Define dun xeito máis exacto que é a biotecnoloxía.

2. Cales son os campos de aplicación da biotecnoloxía?

3. Históricamente unha das primeiras aplicacións da biotecnoloxía foi o descubremento da penicilina en 1928. Como foi?

4. E que ten que ver a ovella Dolly con todo isto?

venres, 21 de outubro de 2022

Actividade 14: Formas de coñecer o Universo.

O noso coñecemento do Universo procede, dun xeito directo, da información recollida por telescopios, radiotelescopios e outras tecnoloxías. 

Na derradeira década tres instrumentos de observación han destacado especialmente: o telescopio Hubble; o robot Perseverance e o radiotelescopio James Webb.

A actividade consiste en contestar ao seguinte:

Busca información sobre os tres instrumentos comentados. De cada un tes que dicir: ano de posta en funcionamento; onde se atopa; breve descripción e que investiga. Unha vez descrito engade unha imaxe do instrumento e outra imaxe tomada polo instrumento.


Comments system

Disqus Shortname