Amosando publicacións coa etiqueta seres vivos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta seres vivos. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de marzo de 2023

A vida: Que é Blob?

 A natureza nunca deixa de sorprender. Cantas especies únicas quedan por coñecer no planeta? cantas desaparecerán extinguidas antes de que as coñezamos? cal é o límite entre o que esta vivo e o que non?

xoves, 9 de marzo de 2023

Actividade 49: Coronavirus

A primeira tarefa relacionada coa enfermidade non pode ser outra que a relacionada co COVID e outras enfermidades víricas.

Tedes ques facer un informe (15-20 liñas) que inclúa como mínimo:

- Que son os virus?
- Que é un coronavirus? cantos tipos hai?
- Como se contaxía?
- Como ataca ao organismo?
- Medidas de prevención.

luns, 20 de febreiro de 2023

Actividade 43: Dúas maravilas.

 Para rematar o segundo bloque da materia quero escoller un artigo científico cun enfoque moi especial e que enlaza o Universo e a Vida. Ide ao seguinte enlace, lede e facede un comentario sobre o mesmo e, se queredes, a vosa opinión.

Tedes un Universo no voso cerebro?

mércores, 25 de xaneiro de 2023

Os bichos feos.

 Neste percorrido pola Ciencia imos do máis grande ao máis pequeno, do uso dos grandes telescopios e radiotelescopios empregados na observación do Universo e as súas marabillas ao uso dos microscopios electrónicos de barrido que obteñen imaxes non menos impresionantes dos seres máis diminutos que habitán o noso planeta.

 

Na páxina de Scott Russell, do Samuel Roberts Noble Microscopy Lab da universidade de Oklahoma (USA) tedes impresionantes imaxes de seres microscópicos tomadas cun microscopio de barrido.

luns, 16 de xaneiro de 2023

Actividade 34: As formas acelulares.

En entradas anteriores vimos ca diferenza entre o que consideramos un ser vivo nas súas formas máis sinxelas fronte a materia inerte ou sen vida non sempre está claro.

Na anterior actividade vimos que os seres vivos máis primitivos e sinxelos son un grupo moi amplo e descoñecido aos que chamamos xenéricamente bacterias. 

  Soe definirse a célula como o nivel de organización dos seres vivos máis pequeno con vida propia. Por iso é tan importante en bioloxía. Pero na Terra hai outros "seres" que non sendo células parecen ter vida. Será certo isto?.

 Agora tedes que buscar información sobre as formas acelulares e contestar o seguinte:  

1.  Que son? 

2. Que tipos hai? 

3. Son seres vivos ou non? Razoa a resposta.


martes, 20 de decembro de 2022

Actividade 31: Algúns conceptos básicos de bioloxía.

 Antes de abordar a orixe e evolución dos seres vivos tedes que familiarizarvos con algúns conceptos básicos. Nesta entrada faredes un dicionario básico de bioloxía. Evitade copiar e pegar pois tedes que atopar definicións sinxelas, curtas e que vos permitan entendelas e estudalas ... lembrade que faremos un exame. 

As palabras a buscar son:

especie, evolución, adaptación // ecoloxía, biotopo, biocesose // célula, procariota, eucariota, organismo.

mércores, 14 de decembro de 2022

Actividade 30: Características dos seres vivos.

  Na entrada anterior dicíamos "Cremos saber que características e propiedades son as que "identifican" a algo como un ser vivo..." .

1 - Cales son esas características e propiedades?

luns, 12 de decembro de 2022

Actividade 29: Que é a vida?

 

 Nesta entrada atopamos unha das cuestións máis importantes que a humanidade se pode plantexar e, ata o momento, das máis difíciles de contestar. 

Cremos saber que características e propiedades son as que "identifican" a algo como un ser vivo. Por outra banda, hai certas evidencias de como poideron ser os primeiros habitantes da Terra. Pero, a cuestión principal de que é a vida ou, noutras palabras, como apareceu o primer ser vivo segue sen resolverse.

A ver se ti o sabes? que é a vida?

xoves, 8 de decembro de 2022

Actividade 28: A Terra é a Vida.

Esta actividade sírvenos de "ponte" entre a unidade anterior, O planeta Terra, e a seguinte, A vida e os seres vivos (Tema 3)

Ata o momento so temos atopado vida na Terra. Sempre se explicou isto argumentando que o noso planeta ten unhas condicións únicas para que a vida xurdira, evolucionara e diversificara.

1. Tes que facer un pequeno informe (entre 15 e 20 liñas) explicando cales son esas condicións únicas. 

(Valorarase cantas atopedes e por que permiten a vida)

mércores, 7 de decembro de 2022

Biosfera ou Bacteriosfera

 Apenas coñecemos a inimaxinable variedade das bacterias, menos aínda a súa potencialidade.

Cando se comenzou a descubrir este universo vivo microbiano foi, case sempre, en relación co seu efecto patoxeno. As bacterias eran responsables de enfermidades que, as veces, derivaban en terribles pragas como as da tuberculose, a neumonía, o tétanos ou a lepra.
Máis lentamente comprendéronse os efectos beneficiosos que, sobre os seres vivos e o medio ambiente, tiñan as bacterias e que superan con creces o anterior. As bacterias están en todas partes: como descompoñedoras da materia orgánica e integrantes dos ciclos bioxeoquímicos; formando parte da rizosfera das plantas; vivindo en simbiose dentro doutros organismos (como as que forman a flora bacteriana nos intestinos) ou simplemente permitíndonos o saborear alimentos como o queixo ou o iogurt.
Cada día descúbrense novas posibilidades das bacterias. A seguinte noticia é unha proba delo.
Bacteriosfera

Comments system

Disqus Shortname