O blog da materia de Cultura Científica de 1º de Bacharelato no IES Escolas Proval (Nigrán)
luns, 1 de maio de 2023
Páxinas sobre ciencia
sábado, 18 de setembro de 2021
Actividade 2: A cultura científica
¿Que é isto da Cultura Científica?
Unha
boa maneira de informarse de que vai a materia é visitando os moitos
blogs, páxinas web, vídeos ... que tratan de aspectos relacionados coa Cultura
Científica. Moitos destes recursos están feitos por alumnos e profesores e son
realmente interesantes.
Nesta actividade navega pola rede e busca un mínimo de 5 blogs relacionados coa materia da Cultura Científica.
Que debes de incluir na entrada:
- Que temáticas (bioloxía ...) abarca esta materia?
- Crear unha listaxe de ligazóns (mínimo 5) dende o teu blogue a aquelas páxinas que che parezan interesantes. En cada caso comenta que aspectos gústanche máis de cada blogue e cales menos. Se queres podes facer capturas de pantalla e pegalas.
- Fai unha valoración xeral sobre as páxinas atopadas.
xoves, 19 de decembro de 2019
Actividade 10: Crear unha webmix de Cultura Científica
1 - Informarse de que é e como funciona Symbaloo. Tedes no blogue exemplos de symbaloos e tutoriais.
2 - Rexistrarse na súa páxina.
3 - Facer probas de como se usa o programa. É bastante intuitivo.
4 - Crear os seguintes grupos de recursos que se corresponden cos distintos bloques da materia de Cultura Científica.
5 - Os bloques son: a) A Terra e o sistema solar b) A vida e os seres vivos c) Mediciña d) ADN, xenética e biotecnoloxía e) Internet e datos f) Tecnoloxías do presente e do futuro, g) Científic@s
Tamén podedes engadir outros bloques persoais pero sempre relacionados coa Ciencia.
6 - Ao longo do curso cando atopedes algún recurso que vos interese incluídeo na vosa webmix.
Un exemplo do uso de Symbaloo
Na seguinte ligazón tedes un exemplo dunha webmix creada con Symbaloo especializada en contidos de ciencias (bioloxía, xeoloxía, física e química) para a ESO.
https://www.symbaloo.com/mix/paginasdeciencias2?searched=true
E, nesta outra, tedes un titorial moi sinxelo feito pola profesora Luisa Martínez para empezar a traballar có Symbaloo utilizando a aplicación slideshare.
http://es.slideshare.net/quintoysexto/tutorial-symbaloo-10056256