Para facer a webmix (literalmente mestura de webs, aínda que pode haber outros recursos) deberedes de:
1 - Informarse de que é e como funciona Symbaloo. Tedes no blogue exemplos de symbaloos e tutoriais.
2 - Rexistrarse na súa páxina.
3 - Facer probas de como se usa o programa. É bastante intuitivo.
4 - Crear os seguintes grupos de recursos que se corresponden cos distintos bloques da materia de Cultura Científica.
5 - Os bloques son: a) A Terra e o sistema solar b) A vida e os seres vivos c) Mediciña d) ADN, xenética e biotecnoloxía e) Internet e datos f) Tecnoloxías do presente e do futuro, g) Científic@s
Tamén podedes engadir outros bloques persoais pero sempre relacionados coa Ciencia.
6 - Ao longo do curso cando atopedes algún recurso que vos interese incluídeo na vosa webmix.