No seguinte enlace tedes un vídeo sobre a evolución humana. Tamén o podedes atopar na sección recursos. Se imos ben de tempo o veremos durante as clases. Non é para publicar no voso blog.
O blog da materia de Cultura Científica de 1º de Bacharelato no IES Escolas Proval (Nigrán)
sábado, 28 de xaneiro de 2023
Actividade 38-39: A evolución humana (vídeo)
mércores, 26 de outubro de 2022
Actividade 16: Compoñentes do Sistema solar.
Nesta actividade imos a traballar "ao revés". En lugar de eu darvos un recurso e, a partir del, contestar unhas preguntas, seredes vos os que localicedes o recurso.
A actividade consiste en buscar UN vídeo curto no que se explique os compoñentes do sistema solar. O vídeo ten que cumprir co seguinte:
- Ten que ser o máis completo posible, é dicir, que fale do Sol, os planetas, os satélites, cintos de asteroides etc. Ten que centrarse nos compoñentes non no seu orixe.
- Con narración (castelán ou galego) e de non máis de 15 minutos.
- Dun nivel intermedio (é dicir non me poñades vídeos feitos para os alumn@s de primaria, nin tampouco algo moi complicado ou que fale, por exemplo só dos planetas)
Unha vez escollido copiade a súa dirección web e creade unha ligazón dende o voso blog.