Amosando publicacións coa etiqueta cultura científica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura científica. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de maio de 2023

A modo de despedida da materia.

Outro exemplo dun mapa mental creado con Text2MindMap e referido á materia. É un exemplo sinxelo e incompleto sobre a cultura científica a modo de despedida da materia.




luns, 24 de outubro de 2022

Activiade 15: Unha revista científica en galego.

Dentro das publicacións con contido científico de ámbito nacional ides a botarlle unha ollada á revista GCiencia 
Definido polos seus editores como  "un xornal dixital envorcado no fomento do coñecemento científico e tecnolóxico entre un público xeralista" ten artigos moi interesantes.

A tarefa consistirá en navegar pola publicación, seleccionar o/os artigo/os que vos parezan máis interesantes e facer unha breve reseña. Tedes que indicar en que sección está o artigo e a data de publicación.

sábado, 18 de setembro de 2021

Actividade 2: A cultura científica

¿Que é isto da Cultura Científica?

Unha boa maneira de informarse de que vai a materia é visitando os moitos blogs, páxinas web, vídeos ... que tratan de aspectos relacionados coa Cultura Científica. Moitos destes recursos están feitos por alumnos e profesores e son realmente interesantes.

Nesta actividade navega pola rede e busca un mínimo de 5 blogs relacionados coa materia da Cultura Científica. 
 

Que debes de incluir na entrada: 

  - Que temáticas (bioloxía ...) abarca esta materia?

  - Crear unha listaxe de ligazóns  (mínimo 5) dende o teu blogue a aquelas páxinas que che parezan interesantes. En cada caso comenta que aspectos gústanche máis de cada blogue e cales menos. Se queres podes facer capturas de pantalla e pegalas.

  - Fai unha valoración xeral sobre as páxinas atopadas. 

  - Publicar na páxina principal.

xoves, 4 de xuño de 2020

Actividade 17: Test de Cultura Científica.

Derradeira actividade do curso. 
Onte enviei por correo un sinxelo test sobre Cultura Científica con instrucións para facelo e data límite de entrega. 
Lembrovos que enviei dous correos (o segundo rematou o 18 de maio) para que confirmárades a vosa situación, recibo de tarefas e modalidade de entrega. Moitos non contestáchedes a ningún deles, pero entendo que, de tódolos xeitos a principal canle de realización de tarefas é este blogue e os seus enlaces aos vosos blogues.

venres, 17 de xaneiro de 2020

Actividade 11: O 11 de febreiro

Co gallo do "Día internacional da muller e da nena en Ciencia" o 11 de febreiro  no IES Escolas Proval organizaremos, como noutros cursos, unha exposición de científicas de tódalas épocas e os seus descubrimentos e achegas.
Tamén organizaranse dúas charlas a cargo de recoñecidas científicas galegas.

Vos participades activamente creando eses carteis. ANIMO e facede un bo traballo.

xoves, 19 de decembro de 2019

Actividade 10: Crear unha webmix de Cultura Científica

Para facer a webmix (literalmente mestura de webs, aínda que pode haber outros recursos) deberedes de:

1 - Informarse de que é e como funciona Symbaloo. Tedes no blogue exemplos de symbaloos e tutoriais.

2 - Rexistrarse na súa páxina.

3 - Facer probas de como se usa o programa. É bastante intuitivo.

4 - Crear os seguintes grupos de recursos que se corresponden cos distintos bloques da materia de Cultura Científica.

5 - Os bloques son: a) A Terra e o sistema solar  b) A vida e os seres vivos  c) Mediciña  d) ADN, xenética e biotecnoloxía  e) Internet e datos   f) Tecnoloxías do presente e do futuro, g) Científic@s
Tamén podedes engadir outros bloques persoais pero sempre relacionados coa Ciencia.

6 - Ao longo do curso cando atopedes algún recurso que vos interese incluídeo na vosa webmix.

Un exemplo do uso de Symbaloo

Symbaloo é unha aplicación que permite crear dun xeito ordeado e moi intuitivo unha webmix. Unha webmix, como o seu nome indica, é unha web onde temos un "mix" de enlaces a distintos recursos -como videos, blogs, documentos, arquivos de son, animacións ou mesmo outras páxinas web- clasificados segundo as nosas preferencias.

Na seguinte ligazón tedes un exemplo dunha webmix creada con Symbaloo especializada en contidos de ciencias (bioloxía, xeoloxía, física e química) para a ESO.

https://www.symbaloo.com/mix/paginasdeciencias2?searched=true

E, nesta outra, tedes un titorial moi sinxelo feito pola profesora Luisa Martínez para empezar a traballar có Symbaloo  utilizando a aplicación slideshare.
http://es.slideshare.net/quintoysexto/tutorial-symbaloo-10056256

Comments system

Disqus Shortname