Amosando publicacións coa etiqueta infografías. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta infografías. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de marzo de 2023

Actividade 57: Exemplos de infografías.

 Continuamos traballando con infografías. Tedes que buscar 3 exemplos de infografías con temas e aspectos diferentes relacionadas ca mediciña e a biotecnoloxía. Procurade que sexan distintas nos seus formatos.

De cada unha facedes:

- unha captura de pantalla.

- unha breve descrición (1-2 liñas do que se explica na infografía)

Logo subides as infografías ao blog e engadides a descrición.

venres, 17 de marzo de 2023

Infografías (por se necesitades axuda có traballo práctico desta avaliación)

 Ao comezo do curso comentei que íamos a facer distintos traballos como informes, mapas mentais e infografías. Chegou o momento das infografías. 

Unha infografía é, esencialmente, unha combinación de imaxes e textos presentados dunha forma atractiva, sintética e explicativa. O seu fin é informar dun xeito sinxelo e visual facilitando así a súa divulgación.
As infografías poden incluir calqueira recurso que facilite a súa comprensión como é o uso de gráficos e efectos. O obxectivo final é que cun  "golpe de vista" pódase entender información complexa e que, ademais, sexa facil de asimilar e lembrar.


Hai moitas aplicacións online para crear infografías de xeito gratuíto. Na maioría dos casos o único requisito de uso é contar cunha conta de correo electrónico. Podedes escoller a que máis os convenza.
Un exemplo é easel.ly que permite deseñar impactantes infografías, ben de xeito libre ou baseadas en modelos predeseñados.

En resume o proceso de creación é:
- Rexistrarse.
- Elixir entre o uso de patróns ou dun lenzo en branco.
- Inserir texto, datos ou imaxes sobre o tema elixido.
- (opcional) Inserir os obxectos predefinidos polo programa da libraría deste.

 

Un exemplo de infografía relacionada co derradeiro bloque do curso:
lembrade que para crear tanto as infografías como os mapas conceptuais podedes utilizar patróns predefinidos (opción máis fácil) ou deseñalos vos dende cero (opción máis personalizada)

 

xoves, 16 de febreiro de 2023

Infografía: Traballo para entregar.

 Chegou a hora de crear unha infografía sobre a unidade a evolución humana.

No libro de texto (páxina 44) tedes un exemplo dunha infografía que vos pode servir de modelo, pero o aspecto da infografía é totalmente libre. Fixádevos nos exemplos da actividade anterior.

A infografía ten que representar como foi evolucionando a especie humana ao longo do tempo. 

Polo tanto ten que incluir:

- Imaxes (en formato pequeno) das distintas especies que se foron sucedendo na evolución. Non vae unha soa imaxe.

- Nome da especie, data aproximada de cando viviú e zona onde se localizaron os seus fósiles.

- Na infografía hai que facer un mínimo de 6 especies de entre as 12 seguintes procurando diversificar entre os distintos géneros:

    - Ardipithecus Rámidus.

    - Homo Antecesor.

    - Homo Hábilis.

    - Australopithecus africanus.

    - Homo Neanderthalensis.

    - Orrorin Tunengensis.

    - Australopithecus anamensis.

    - Homo Sapiens.

    - Homo Ergaster.

    - Australopithecus afarensis.

    - Homo Rudolfensis.

    - Homo Geórgicus.

Tedes ata o venres 17 de marzo para entregala impresa, coma sempre facede unha captura de pantalla para colgala do voso blog.

mércores, 28 de setembro de 2022

Infografía das etapas do método científico.

 A seguinte imaxe é unha infografía sobre as etapas que conforman o método científico. Fixádevos atentamente xa que neste curso faredes infografías e  teredes que aprender as etapas do método.



Comments system

Disqus Shortname