Amosando publicacións coa etiqueta evolución humana. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta evolución humana. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de febreiro de 2023

Infografía: Traballo para entregar.

 Chegou a hora de crear unha infografía sobre a unidade a evolución humana.

No libro de texto (páxina 44) tedes un exemplo dunha infografía que vos pode servir de modelo, pero o aspecto da infografía é totalmente libre. Fixádevos nos exemplos da actividade anterior.

A infografía ten que representar como foi evolucionando a especie humana ao longo do tempo. 

Polo tanto ten que incluir:

- Imaxes (en formato pequeno) das distintas especies que se foron sucedendo na evolución. Non vae unha soa imaxe.

- Nome da especie, data aproximada de cando viviú e zona onde se localizaron os seus fósiles.

- Na infografía hai que facer un mínimo de 6 especies de entre as 12 seguintes procurando diversificar entre os distintos géneros:

    - Ardipithecus Rámidus.

    - Homo Antecesor.

    - Homo Hábilis.

    - Australopithecus africanus.

    - Homo Neanderthalensis.

    - Orrorin Tunengensis.

    - Australopithecus anamensis.

    - Homo Sapiens.

    - Homo Ergaster.

    - Australopithecus afarensis.

    - Homo Rudolfensis.

    - Homo Geórgicus.

Tedes ata o venres 17 de marzo para entregala impresa, coma sempre facede unha captura de pantalla para colgala do voso blog.

sábado, 11 de febreiro de 2023

Actividade 42: O encéfalo.

 Nesta entrada aprenderemos como foi evolucionando o cerebro nos vertebrados ata acadar o seu máximo desenvolvemento na especie humana.

Na páxina recursos está o vídeo (6:25) Logo de miralo facede unha entrada contestando:
  1. Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función?
  2. Que parte do cerebro desenvolveuse coa aparición dos mamíferos? que nos aportou?
  3. Que é e de que se encarga o neocortex?
  4. Cal é a diferenza fundamental a nivel do encéfalo entre os humanos e os chimpancés?

luns, 6 de febreiro de 2023

Actividade 40: O proceso da hominización.

 O traballo impreso desta avaliación é facer unha infografía da evolución humana. Cando o elaboredes observade as moitas especies e xéneros que constitúen o "noso árbore xenealóxico". Pero dentro desa variedade podemos observar como o proceso evolutivo seguíu unhas tendencias determinadas que, ao longo do tempo, nos foron afastando das características dos primates como, por exemplo, o andar bípedo ou o aumento do cráneo.

Nesta entrada tes que ampliar cales foron ditas tendencias evolutivas.

sábado, 28 de xaneiro de 2023

Actividade 38-39: A evolución humana (vídeo)

 No seguinte enlace tedes un vídeo sobre a evolución humana. Tamén o podedes atopar na sección recursos.  Se imos ben de tempo o veremos durante as clases. Non é para publicar no voso blog.


A actividade consistirá en: 
 
- visualizalo e anotar as diferentes especies "da nosa familia" que van aparecendo indicando cales foron os seus logros evolutivos.
 
- Situalos cronolóxicamente e gardar unha imaxe dos posible aspecto de cada especie.
 
- Está previsto facer un mapa de conceptos ou unha infografía sobre a evolución humana, polo tanto podedes aproveitar esta actividade para ilo preparando.

Comments system

Disqus Shortname