Amosando publicacións coa etiqueta formación da Terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta formación da Terra. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de novembro de 2022

Actividade 18: As capas da Terra.

 Durante a súa formación (mirade os videos sobre a formación do Sistema solar e, especialmente o vídeo sobre a formación da Terra) os elementos químicos que hoxe constitúen a Terra foron "situándose" de acordo ca súa densidade. Os elementos máis lixeiros formaron as capas exteriores e os máis pesados as interiores.

Empezamos o estudo da Terra coñecendo as súas capas.

1. Cales son as capas da Terra?

2. Indica, dun xeito, simple que elementos químicos predominan en cada capa.

3. Xustifica o enunciado "os elementos químicos que hoxe constitúen a Terra foron "situándose" de acordo coa súa densidade"

luns, 31 de outubro de 2022

Actividade 17: A formación da Terra e da Lúa.

 Nesta actividade profundizaremos en como foi a formación da Terra. Lembra que xa traballamos sobre a formación do Sistema Solar e, polo tanto, os procesos descritos son similares.

Na sección RECURSOS tedes un video sobre "A formación da Terra". Unha vez mirado respondede: 

1. Cal foi o proceso polo que se iniciou a formación da Terra?

2. Como se formou a Lúa?

3. De onde procede a auga que hai na Terra?

luns, 26 de outubro de 2020

Actividade 24-28: Facer un informe

 Empezamos a facer un "informe científico" sobre o Orixe e evolución da Terra.

Seguide estes pasos:

1- Mirar o/s video/s sobre o Orixe da Terra que están na páxina Recursos Temas. Ide tomando notas sobre as distintas etapas tanto dende o punto de vista xeolóxico como biolóxico, anotade cando sucederon e, opcionalmente podedes engadir algunha imaxe, táboa ...

2 - Se algo non quedou claro preguntádeme ou ben procurade información en internet.

3 - Crear o informe a partir dos datos. Un informe debe de diferenciar claramente os apartados indicados no punto 1. Tamén o autor/a e en caso de utilizar distintos recursos de onde proceden.

Empregade o seguinte formato de texto: Título arial 24 negrita; subtítulo arial 20 negrita; texto arial 16; pe de imaxe arial 12 cursiva.

O informe debe de ter unha extensión mínima de 1 páxina, sen contar con imaxes ou similares.

4 - Gardar o informe no formato do procesador que utilicedes (vos permitirá modificalo se é necesario) e en .pdf (para imprimilo de xeito doado). 

5 - Entregar o informe.

 

 

Comments system

Disqus Shortname