A seguinte imaxe é unha infografía sobre as etapas que conforman o método científico. Fixádevos atentamente xa que neste curso faredes infografías e teredes que aprender as etapas do método.
O blog da materia de Cultura Científica de 1º de Bacharelato no IES Escolas Proval (Nigrán)
mércores, 28 de setembro de 2022
Infografía das etapas do método científico.
luns, 26 de setembro de 2022
Actividade 6: Ciencia vs pseudociencia.
Xa sabemos que é a ciencia ... pero sabes o que é a pseudociencia. No seguinte enlace atoparás a resposta.
Ciencia en todo 📣 usa auriculares
A actividade consiste en:
1. Procura na rede algún exemplo de pseudociencia. Describe en que consiste.
2. O exemplo cumpre cos apartados do método científico? Razoa a resposta.
3. Indica outros dous exemplos de pseudociencias.
xoves, 22 de setembro de 2022
Actividade 5: O método científico.
No blog da materia ide a sección TEXTOS/ texto MÉTODO CIENTÍFICO. Logo, no voso blog, creade unha entrada contestando:
luns, 19 de setembro de 2022
Actividade 4: A orixe da ciencia moderna.
Continuamos analizando o texto CIENCIA E CULTURA.
1. En outro momento do texto que non vos figura aparece a seguinte frase "... cuando se comienzan a superar las limitaciones al conocimiento que supuso asumir que la verdad estaba unicamente en los textos clásicos (civilizaciones griega y romana) y en las creencias religiosas (cristianismo, judaismo) exclusivamente". Que quere dicir esta frase en relación ao orixe da ciencia moderna?
2. En que rama do coñecemento se empregou por vez primeira os criterios científicos? e entre os primeiros científicos, quen destaca ao empregar a experimentación como método?
