martes, 20 de decembro de 2022

Actividade 31: Algúns conceptos básicos de bioloxía.

 Antes de abordar a orixe e evolución dos seres vivos tedes que familiarizarvos con algúns conceptos básicos. Nesta entrada faredes un dicionario básico de bioloxía. Evitade copiar e pegar pois tedes que atopar definicións sinxelas, curtas e que vos permitan entendelas e estudalas ... lembrade que faremos un exame. 

As palabras a buscar son:

especie, evolución, adaptación // ecoloxía, biotopo, biocesose // célula, procariota, eucariota, organismo.

venres, 16 de decembro de 2022

Unha nova visión

Apenas coñecemos nada do Universo, e incluso pouco é o que sabemos do noso veciño máis próximo.
Ata fai pouco Marte describíase como un planeta hostil para a vida, un inmenso deserto vermello que agora, coas novas imaxes da NASA, mostra nos polos os inconfundibles tonos azuis da presenta da Auga.

Descubriremos vida en marte?

O "novo" Marte



 

O mércores 1 de febreiro remata o prazo para entregar o informe correspondente as unidades 6 e 7 sobre MEDICIÑA. Hai que seguir as normas publicadas para facer os informes.

mércores, 14 de decembro de 2022

Actividade 30: Características dos seres vivos.

  Na entrada anterior dicíamos "Cremos saber que características e propiedades son as que "identifican" a algo como un ser vivo..." .

1 - Cales son esas características e propiedades?

luns, 12 de decembro de 2022

Actividade 29: Que é a vida?

 

 Nesta entrada atopamos unha das cuestións máis importantes que a humanidade se pode plantexar e, ata o momento, das máis difíciles de contestar. 

Cremos saber que características e propiedades son as que "identifican" a algo como un ser vivo. Por outra banda, hai certas evidencias de como poideron ser os primeiros habitantes da Terra. Pero, a cuestión principal de que é a vida ou, noutras palabras, como apareceu o primer ser vivo segue sen resolverse.

A ver se ti o sabes? que é a vida?

xoves, 8 de decembro de 2022

Actividade 28: A Terra é a Vida.

Esta actividade sírvenos de "ponte" entre a unidade anterior, O planeta Terra, e a seguinte, A vida e os seres vivos (Tema 3)

Ata o momento so temos atopado vida na Terra. Sempre se explicou isto argumentando que o noso planeta ten unhas condicións únicas para que a vida xurdira, evolucionara e diversificara.

1. Tes que facer un pequeno informe (entre 15 e 20 liñas) explicando cales son esas condicións únicas. 

(Valorarase cantas atopedes e por que permiten a vida)

mércores, 7 de decembro de 2022

Biosfera ou Bacteriosfera

 Apenas coñecemos a inimaxinable variedade das bacterias, menos aínda a súa potencialidade.

Cando se comenzou a descubrir este universo vivo microbiano foi, case sempre, en relación co seu efecto patoxeno. As bacterias eran responsables de enfermidades que, as veces, derivaban en terribles pragas como as da tuberculose, a neumonía, o tétanos ou a lepra.
Máis lentamente comprendéronse os efectos beneficiosos que, sobre os seres vivos e o medio ambiente, tiñan as bacterias e que superan con creces o anterior. As bacterias están en todas partes: como descompoñedoras da materia orgánica e integrantes dos ciclos bioxeoquímicos; formando parte da rizosfera das plantas; vivindo en simbiose dentro doutros organismos (como as que forman a flora bacteriana nos intestinos) ou simplemente permitíndonos o saborear alimentos como o queixo ou o iogurt.
Cada día descúbrense novas posibilidades das bacterias. A seguinte noticia é unha proba delo.
Bacteriosfera

luns, 5 de decembro de 2022

Novo bloque de contidos

 

Iniciamos o segundo bloque de contidos do curso que ten dúas partes:Vida e evolución.

domingo, 4 de decembro de 2022

PRAZO REMATADO.

 

Hoxe as 24:00 rematou o prazo para publicar as entradas do blog deste trimestre. As entradas non feitas deberán de facerse na sección RECUPERACIÓN. 

xoves, 1 de decembro de 2022

Actividade 27: Wegener.

                                                 Resultado de imagen de wegener

Na unidades 2 imos a estudar a Terra en profundidade. Un dos máis destacados científicos neste campo foi Alfred Wegener quen contribuiu de xeito salientable a coñecer a dinámica do que moito máis tarde se chamarían placas.

1. Que descubriu Wegener?

2. Que probas aportou para xustificar a súa teoría?

3. Como morreu Wegener?

Comments system

Disqus Shortname