martes, 27 de outubro de 2020

Revisión de blogs

 Como xa vos avisei, o vindeiro fín de semana farei a primeira revisión dos vosos blogs. Tedes que procurar que todas as actividades, incluindo o mapa de conceptos, estén feitas. Non se avaliará, pero tomarei nota dos que ides moi retrasados.

A verdadeira revisión comenzará aproximadamente uns 15 días antes da vosa avaliación, entón colgarei un aviso de

e xa non poderedes engadir ou modificar as actividades feitas.

luns, 26 de outubro de 2020

Actividade 24-28: Facer un informe

 Empezamos a facer un "informe científico" sobre o Orixe e evolución da Terra.

Seguide estes pasos:

1- Mirar o/s video/s sobre o Orixe da Terra que están na páxina Recursos Temas. Ide tomando notas sobre as distintas etapas tanto dende o punto de vista xeolóxico como biolóxico, anotade cando sucederon e, opcionalmente podedes engadir algunha imaxe, táboa ...

2 - Se algo non quedou claro preguntádeme ou ben procurade información en internet.

3 - Crear o informe a partir dos datos. Un informe debe de diferenciar claramente os apartados indicados no punto 1. Tamén o autor/a e en caso de utilizar distintos recursos de onde proceden.

Empregade o seguinte formato de texto: Título arial 24 negrita; subtítulo arial 20 negrita; texto arial 16; pe de imaxe arial 12 cursiva.

O informe debe de ter unha extensión mínima de 1 páxina, sen contar con imaxes ou similares.

4 - Gardar o informe no formato do procesador que utilicedes (vos permitirá modificalo se é necesario) e en .pdf (para imprimilo de xeito doado). 

5 - Entregar o informe.

 

 

mércores, 7 de outubro de 2020

Actividade 21: A Cultura científica.

Imos ver como se traballa ca nosa materia noutros blogs. Para facelo tedes que ir a entrada deste blog titulada Que é a Cultura científica? do 25/9/2019 onde hai unha actividade para facer.

venres, 2 de outubro de 2020

Actividade 20: Permíteme acceder ao teu blog e información sobre a avaliación

 Na páxina protagonistas deste blog tedes instrucións para que, dende esa páxina, eu poda enlazar cos vosos blogs. Vos tamén podedes consultar o que están facendo @s compañeir@s ... pero NADA de copiar ... para iso sodes compañeir@s 😀

Aproveito esta entrada na que non tedes moito traballo 😀para lembrarvos ca vosa avaliación total xurde de tres valoracións parciais: 

- As tarefas obrigatorias feitas no voso blog e o deseño do mesmo. Xa sabedes que podedes incluir outras entradas de xeito libre sempre que estén relacionadas, dalgún xeito, cos contidos da materia.

- Os informes e mapas de conceptos que están nas follas de tarefas. A diferencia entre estes e as tarefas é que os primeiros deben de entregárseme en papel ou pendrive e que teñen unha maior extensión ou ben son máis complexos. Se queredes tamén os podedes colgar como entradas do blog.

- Os exames escritos de cada unidade.

Comments system

Disqus Shortname