sábado, 18 de abril de 2020

Aclaracións e fin de curso


Bo día, prezados alumn@s de Cultura Científica.

O pasado mércores a ministra de educación estableceu dunha forma moi xenérica como se vai a desenvolver o que resta este curso. Agora tócalle as comunidades autónomas con competencias en educación o concretar e implementar aquelas liñas básicas e logo, nunha estrutura piramidal, serán as direccións do centros educativos as que estableceran como levar á práctica dita implementación establecendo o procedemento a seguir. A día de hoxe (18 de abril) non sabemos nada.

Dito isto, e en espera a que o profesorado reciba instrucións, queda claro que:
1.      - A repetición de curso contémplase como algo moi excepcional e que debe de ser debidamente xustificado.
2.     - Agás en 2 bacharelato e 4 eso, o terceiro trimestre empregarase para reforzar contidos da primeira e segunda avaliación e para establecer procedementos de recuperación ao alumnado que o necesite. É dicir, os novos contidos non son avaliables.
3.      
É isto como vos afecta?

Pois afortunadamente nesta materia pouco. Seguiredes facendo o blogue e a nota final de curso dependerá deste. 

1 - Comprobar que tedes todo feito das avaliacións1 e 2. Adicionalmente eu subirei ao blogue novas tarefas sobre os contidos dados: Internet, Novas tecnoloxías e Novos materiais da avaliación 1 e Planeta Terra, Vida e Material xenético da avaliación 2. Os mapas de conceptos e as infografías que se entregaban por escrito se non as tedes NON HAI QUE FACELAS.
2 - Facer as novas tarefas no voso blogue. NON HAI QUE MANDAR NADA POR CORREO. Iso era para enlazar coa vosa webmix e para enviarme a presentación por powerpoint. Xa está puntuado na segunda avaliación e NON SE ADMITE ENVIALOS AGORA.
3 - Revisar semanalmente o blogue da materia por se hai novas tarefas. En principio NON AS VOU A MANDAR POR CORREO xa que @s que contestaron aos meus correos anteriores (e non tod@s o fixeron) non tiñan problemas para facer o blogue. O meu correo de contacto queda para dúbidas ou problemas. Indicade nome e curso.

A coidarse e a aproveitar o tempo.
Fran.

domingo, 15 de marzo de 2020

AVISO COVID19

Apreciadas alumnas e alumnos.
A suspensión das clases ata o 27 de marzo levará previsiblemente a un atraso na segunda avaliación. Polo tanto, e consecuentemente, QUEDA ANULADA A ENTREGA DE TAREFAS DA SEGUNDA AVALIACIÓN prevista para a vindeira semana.
Non obstante, como sabedes, os acontecementos relacionados con esta crise cambian diariamente, e non sabemos en realidade cando voltaremos as clases. Por todo isto insisto en que DEBEREDES DE TER OS TRABALLOS IMPRESOS E O BLOGUE REMATADOS PARA CANDO SE ANUNCIE A VOLTA AS CLASES.
As presentacións en PowerPoint ou similar e calqueira dúbida ao respecto as podedes mandar al meu correo educatronic@aol.com qué será a nosa cable de comunicación.

mércores, 4 de marzo de 2020

Traballos da 3ª avaliación

Podedes ir escollendo os temas individuais da 3ª avaliación cos que traballaredes dun xeito similar ao feito 2º avaliación (informe, presentación ...) están colgados na sección TRABALLOS.
Hai un tema por alumn@ polo que @s primeir@s terán vantaxa. Cando elixades anótovos.

venres, 17 de xaneiro de 2020

Actividade 11: O 11 de febreiro

Co gallo do "Día internacional da muller e da nena en Ciencia" o 11 de febreiro  no IES Escolas Proval organizaremos, como noutros cursos, unha exposición de científicas de tódalas épocas e os seus descubrimentos e achegas.
Tamén organizaranse dúas charlas a cargo de recoñecidas científicas galegas.

Vos participades activamente creando eses carteis. ANIMO e facede un bo traballo.

As Webmix de Cultura Científica

Publico algunhas das webmix feitas noutro curso e relacionadas coa Terra e a Vida para que vos fagades unha idea do traballo a realizar.
Puntuarase: a calidade das entradas; o número delas; a súa diversidade (enlaces a blogs, páxinas web, textos, imáxes, animacións, vídeos ,,, ) e o aspecto xeral da webmix.

de Alberto
de Alejandro
de Mailys 
de Iago

(as webmix estan elixidas ao chou, independentemente da súa calidade)

xoves, 19 de decembro de 2019

Actividade 10: Crear unha webmix de Cultura Científica

Para facer a webmix (literalmente mestura de webs, aínda que pode haber outros recursos) deberedes de:

1 - Informarse de que é e como funciona Symbaloo. Tedes no blogue exemplos de symbaloos e tutoriais.

2 - Rexistrarse na súa páxina.

3 - Facer probas de como se usa o programa. É bastante intuitivo.

4 - Crear os seguintes grupos de recursos que se corresponden cos distintos bloques da materia de Cultura Científica.

5 - Os bloques son: a) A Terra e o sistema solar  b) A vida e os seres vivos  c) Mediciña  d) ADN, xenética e biotecnoloxía  e) Internet e datos   f) Tecnoloxías do presente e do futuro, g) Científic@s
Tamén podedes engadir outros bloques persoais pero sempre relacionados coa Ciencia.

6 - Ao longo do curso cando atopedes algún recurso que vos interese incluídeo na vosa webmix.

Un exemplo do uso de Symbaloo

Symbaloo é unha aplicación que permite crear dun xeito ordeado e moi intuitivo unha webmix. Unha webmix, como o seu nome indica, é unha web onde temos un "mix" de enlaces a distintos recursos -como videos, blogs, documentos, arquivos de son, animacións ou mesmo outras páxinas web- clasificados segundo as nosas preferencias.

Na seguinte ligazón tedes un exemplo dunha webmix creada con Symbaloo especializada en contidos de ciencias (bioloxía, xeoloxía, física e química) para a ESO.

https://www.symbaloo.com/mix/paginasdeciencias2?searched=true

E, nesta outra, tedes un titorial moi sinxelo feito pola profesora Luisa Martínez para empezar a traballar có Symbaloo  utilizando a aplicación slideshare.
http://es.slideshare.net/quintoysexto/tutorial-symbaloo-10056256

mércores, 5 de abril de 2017

Personalizando os teus vídeos

O emprego de vídeos é un recurso educativo amplamente utilizado,  xa sabedes o dito "máis vale unha imaxe que mil palabras".
Preséntovos unha aplicación de edición de vídeos moi peculiar: EDPuzzle. Non é o clásico editor que corta e pega secuencias de vídeo ou que lle engade efectos e transicións. O obxectivo de EDPuzzle e facilitar a comprensión do vídeo e facelo, dalgún xeito, máis interactivo. É por tanto un recurso orientado á educación.

Póñovos un enlace á revista dixital Educación 3.0 onde se explican as principais características da aplicación.

Educación 3.0

Comments system

Disqus Shortname