venres, 17 de febreiro de 2023

Novo bloque de contidos.

 

Iniciamos o terceiro bloque de contidos do curso que ten dúas partes:Mediciña e Xenética e Biotecnoloxía.

xoves, 16 de febreiro de 2023

Infografía: Traballo para entregar.

 Chegou a hora de crear unha infografía sobre a unidade a evolución humana.

No libro de texto (páxina 44) tedes un exemplo dunha infografía que vos pode servir de modelo, pero o aspecto da infografía é totalmente libre. Fixádevos nos exemplos da actividade anterior.

A infografía ten que representar como foi evolucionando a especie humana ao longo do tempo. 

Polo tanto ten que incluir:

- Imaxes (en formato pequeno) das distintas especies que se foron sucedendo na evolución. Non vae unha soa imaxe.

- Nome da especie, data aproximada de cando viviú e zona onde se localizaron os seus fósiles.

- Na infografía hai que facer un mínimo de 6 especies de entre as 12 seguintes procurando diversificar entre os distintos géneros:

    - Ardipithecus Rámidus.

    - Homo Antecesor.

    - Homo Hábilis.

    - Australopithecus africanus.

    - Homo Neanderthalensis.

    - Orrorin Tunengensis.

    - Australopithecus anamensis.

    - Homo Sapiens.

    - Homo Ergaster.

    - Australopithecus afarensis.

    - Homo Rudolfensis.

    - Homo Geórgicus.

Tedes ata o venres 17 de marzo para entregala impresa, coma sempre facede unha captura de pantalla para colgala do voso blog.

mércores, 15 de febreiro de 2023

Mapa de conceptos: a química da vida.

 Para rematar con esta unidade da Vida e a evolución deixo unha infografía creada con Xmind, un programa que permite facer infografías on line ou descargando dito programa. En ambos casos trátase dunha versión de proba coas conseguintes limitacións, fundamentalmente que deixa unha marca de propiedade no resultado final (facilmente ocultable, por outra banda).

Algunhas recomendacións:

- Aínda que podedes empregar varias aplicacións para facer os mapas e preferible usar sempre a mesma, especialmente se usades as plantillas que todos teñen por defecto pois o seu deseño normalmente non vai a coincidir entre os programas.

- É preferible que os vosos mapas teñan un deseño similar. É o voso estilo, que aparecerá periódicamente no blog.

- Antes de escoller a aplicación que ides a utilizar, dedicade un tempo a probar entre as moitas opcións que hai, especialmente importante é que vos permita gardar o resultado nun formato que poidades exportar a outros documentos (como os informes deste curso) e que, por outra banda, sexa facil de colgar no voso blog. Para os informes recomendo gardalos como .pdf; para o blog como formato de imaxe (.jpg .pgn .gif ...)

sábado, 11 de febreiro de 2023

Actividade 42: O encéfalo.

 Nesta entrada aprenderemos como foi evolucionando o cerebro nos vertebrados ata acadar o seu máximo desenvolvemento na especie humana.

Na páxina recursos está o vídeo (6:25) Logo de miralo facede unha entrada contestando:
  1. Cal é a parte máis primitiva do noso cerebro? cal é a súa función?
  2. Que parte do cerebro desenvolveuse coa aparición dos mamíferos? que nos aportou?
  3. Que é e de que se encarga o neocortex?
  4. Cal é a diferenza fundamental a nivel do encéfalo entre os humanos e os chimpancés?

xoves, 9 de febreiro de 2023

Actividade 41: Neandertais.

Neandertais e Homo sapiens convivimos durante un longo tempo. Logo os primeiros desapareceron ...

Nesta entrada tes que facer un breve informe (entre 15 e 20 liñas) contestando a: cando desapareceron?, por qué desapareceron? cruzáronse cos Homo sapiens? e para rematar, onde se teñen descuberto os restos máis recentes (que indicarían os últimos lugares onde viviron)

luns, 6 de febreiro de 2023

Actividade 40: O proceso da hominización.

 O traballo impreso desta avaliación é facer unha infografía da evolución humana. Cando o elaboredes observade as moitas especies e xéneros que constitúen o "noso árbore xenealóxico". Pero dentro desa variedade podemos observar como o proceso evolutivo seguíu unhas tendencias determinadas que, ao longo do tempo, nos foron afastando das características dos primates como, por exemplo, o andar bípedo ou o aumento do cráneo.

Nesta entrada tes que ampliar cales foron ditas tendencias evolutivas.

venres, 3 de febreiro de 2023

Crear infografías (parte 2)

Hai moitas aplicacións online para crear infografías de xeito gratuíto. Na maioría dos casos o único requisito de uso é contar cunha conta de correo electrónico. Podedes escoller a que máis os convenza.
Un exemplo é easel.ly que permite deseñar impactantes infografías, ben de xeito libre ou baseadas en modelos predeseñados.

En resume o proceso de creación é:
- Rexistrarse.
- Elixir entre o uso de patróns ou dun lenzo en branco.
- Inserir texto, datos ou imaxes sobre o tema elixido.
- (opcional) Inserir os obxectos predefinidos polo programa da libraría deste.

Comments system

Disqus Shortname