mércores, 19 de outubro de 2022

Imaxes e vídeos da NASA

Continuamos procurando información sobre o Universo e o Sistema solar.

Para "ir facendo boca 🤔" sobre as maravillas do Universo tedes no seguinte enlace o acceso á base de imaxes da NASA (National Aeronautics and Space ADministratión) onde podedes atopar fotos, videos e documentos sobre o Universo e a historia e a tecnoloxía espacial.


Do moito que hai nela unha das imaxes que máis me impresionan é a seguinte:

A  imaxe máis detallada do Universo observable

luns, 17 de outubro de 2022

Actividade 13: O Universo 2, dez datos interesantes.

Pouco sabemos do Universo, e do que sabemos a maior parte son hipóteses que están en continúa revisión. En gran parte o noso coñecemento ven determinado pola capacidade (ou limitación) dos instrumentos que empregamos.

No seguinte enlace tedes 10 datos interesantes sobre o Universo. Lede con atención e se algo non entendedes preguntádeme xa que son contidos que forman parte do exame.

Universo

venres, 14 de outubro de 2022

Actividade 12: O universo 1

 Unidade 1: O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR

Para empezar ca unidade 2 do curso teredes que buscar as seguintes definicións que son fundamentais para as actividades seguintes. Procurade cas definicións sexan curtas e claras ao tempo que completas. 

Universo; Galaxia; Nebulosa; Estrela; Sistema planetario; Planeta


 

 

xoves, 13 de outubro de 2022

Exemplo de mapa mental

 A seguinte imaxe representa un mapa mental sobre o sistema solar. Fíxate que hai un concepto principal (O SISTEMA SOLAR) de onde saen as liñas de conexión que nos levan a outros conceptos secundarios (o sol, os planetas ...) e así sucesivamente. Case sempre as liñas deben de ter un texto moi breve, moitas veces é unha soa palabra que explica a relación entre dous conceptos (no exemplo é "está formado por").

Cando vos corrixa os mapas mentais que faredes eu teño que ler os distintos "camiños" dun xeito coherente. Por exemplo eu podo ler:

"El sistema solar está formado por el Sol. Es el centro del Sistema solar. Tiene un tamaño ..."

  El sistema solar: Mapa conceptual.

Os mapas mentais

Neste curso imos a empregar os mapas mentais ou conceptuais. Non son exactamente o mesmo, pero nos os empregaremos indiscriminadamente.

Un mapa conceptúal é unha forma moi sinxela e efectiva de presentar unha información. Só ten dous compoñentes: os conceptos (que para diferencialos soen estar nunha "caixa") e as conexións (representadas por liñas e que, na maioría dos casos, poden conter unha ou máis palabras) que servirán para enlazar dous conceptos.

No seguinte enlace hai unha explicación sinxela do que son os mapas mentais e cal é a súa utilidade. Céntrase na aplicación Text2 Mind Map pero é aplicable a outras aplicacións similares como Creately.  
Recomendo que o leades para entender cal é o obxectivo deste tipo de traballo.
Text 2 Mind Map

mércores, 12 de outubro de 2022

Actividade 11: As redes sociais (voluntaria)

Unha rede social é un medio de comunicación que poñe en contacto a persoas con intereses comúns: amigos, compañeiros de estudo ou de traballo, familias ou persoas que comparten algunha afición. Pero a importancia das redes vai máis alo adquirindo unha enorme influencia nas sociedades globalizadas.
Nesta actividade imos a traballar coas principais redes sociais.

-  Enlazade o voso blogue coas principais redes sociais: Facebook, Twitter, Instagram ... A idea é enlazar coa páxina principal pero se estades en redes sociais e queredes enlazar ao vosa rede en concreto podedes facelo.
- Para enlazar utilizade o logo da rede de xeito similar a como está no blogue de Cultura Científica.
- Colocade os enlaces na páxina priincipal nun recadro chamado redes.

 Do mesmo xeito podedes formar grupos de enlaces con outras redes do voso interese.

luns, 10 de outubro de 2022

Actividade 10: Facer un mapa mental.

 A actividade consiste en facer un mapa mental que inclúa os seguintes conceptos: O planeta Terra (concepto principal), Codia, Atmosfera, seres vivos, Núcleo, Hidrosfera, Xeosfera, Biosfera, auga, Manto, aire.

Para facelo empregade a aplicación recomendada ou calquera outra que consideredes. Comprobade se a aplicación escollida permite gardar ou exportar o voso mapa en formato imaxe (.jpg, .gif ...).

    - Se o permite gardades a imaxe, logo creades no voso blog a entrada desta actividade e cargades a imaxe. Para facelo pulsar sobre os tres puntos e escoller o icono insertar imaxe.

    - Se non o permite facede unha captura de pantalla ca imaxe e procedede a insertala como no caso anterior.

venres, 7 de outubro de 2022

Publicacións científicas.

Logo do que temos traballado sobre a ciencia ides a recopilar algunhas das moitas publicacións que, desta temática, hai en internet. Empezo eu cunha interesante páxina sobre ciencia en castelán:Materia  

 
MATERIA  é unha webde ciencia, medio ambiente, saúde e tecnoloxía, que está online dende xullo de 2012.
MATERIA conta cunha redación experimentada e multipremiada, dedicada en exclusiva a elaborar información de alta calidade, con rigor e independencia.
MATERIA ten un consello editorial formado por algún dos máis prestixiosos profesionais da ciencia, a tecnoloxía, o medio ambiente e a saúde en español.
(tomado da páxina web)

Comments system

Disqus Shortname