martes, 14 de setembro de 2021

CURSO 2022-2023

Ola, son Fran, profesor de Bioloxía e Xeoloxía.

Benvid@s ao  blog da materia de Cultura Científica de 1° de bacharelato do IES Escolas Proval, en Nigrán, Pontevedra.

O blog será un cartafol onde consultar os contidos da materia, as actividades a realizar e as novas que poidan xurdir durante o curso. Tamén contaredes aquí un espazo de comunicación entre o grupo.

Dende este blog ( no apartado TRABALLOS ) enlazaremos cos vosos blogs dunha forma dinámica, sendo deste xeito a canle onde tod@s compartamos os distintos aspectos da materia dun xeito máis dinámico, interactivo e -así o desexo- motivador.

A tod@s vos desexo que o curso supoña moito máis que o mero feito de superalo académicamente, cousa que chegará,. Na superación, e non menos no fracaso, maduramos e nos imos formando como persoas. Espero ca Cultura Científica contribúa a esa formación.
   
Que vos vaia moi ben.

Fran A.

luns, 13 de setembro de 2021

Presentación




Bo día prezados alumn@s de Cultura Científica. Son Fran, o profe da materia.
Douvos a benvida ao curso 2022-23, cos meus maiores desexos de que o pasemos sen sobresaltos e que xuntos aprendamos cada día algo novo e interesante da ciencia.




martes, 27 de outubro de 2020

Revisión de blogs

 Como xa vos avisei, o vindeiro fín de semana farei a primeira revisión dos vosos blogs. Tedes que procurar que todas as actividades, incluindo o mapa de conceptos, estén feitas. Non se avaliará, pero tomarei nota dos que ides moi retrasados.

A verdadeira revisión comenzará aproximadamente uns 15 días antes da vosa avaliación, entón colgarei un aviso de

e xa non poderedes engadir ou modificar as actividades feitas.

luns, 26 de outubro de 2020

Actividade 24-28: Facer un informe

 Empezamos a facer un "informe científico" sobre o Orixe e evolución da Terra.

Seguide estes pasos:

1- Mirar o/s video/s sobre o Orixe da Terra que están na páxina Recursos Temas. Ide tomando notas sobre as distintas etapas tanto dende o punto de vista xeolóxico como biolóxico, anotade cando sucederon e, opcionalmente podedes engadir algunha imaxe, táboa ...

2 - Se algo non quedou claro preguntádeme ou ben procurade información en internet.

3 - Crear o informe a partir dos datos. Un informe debe de diferenciar claramente os apartados indicados no punto 1. Tamén o autor/a e en caso de utilizar distintos recursos de onde proceden.

Empregade o seguinte formato de texto: Título arial 24 negrita; subtítulo arial 20 negrita; texto arial 16; pe de imaxe arial 12 cursiva.

O informe debe de ter unha extensión mínima de 1 páxina, sen contar con imaxes ou similares.

4 - Gardar o informe no formato do procesador que utilicedes (vos permitirá modificalo se é necesario) e en .pdf (para imprimilo de xeito doado). 

5 - Entregar o informe.

 

 

mércores, 7 de outubro de 2020

Actividade 21: A Cultura científica.

Imos ver como se traballa ca nosa materia noutros blogs. Para facelo tedes que ir a entrada deste blog titulada Que é a Cultura científica? do 25/9/2019 onde hai unha actividade para facer.

venres, 2 de outubro de 2020

Actividade 20: Permíteme acceder ao teu blog e información sobre a avaliación

 Na páxina protagonistas deste blog tedes instrucións para que, dende esa páxina, eu poda enlazar cos vosos blogs. Vos tamén podedes consultar o que están facendo @s compañeir@s ... pero NADA de copiar ... para iso sodes compañeir@s 😀

Aproveito esta entrada na que non tedes moito traballo 😀para lembrarvos ca vosa avaliación total xurde de tres valoracións parciais: 

- As tarefas obrigatorias feitas no voso blog e o deseño do mesmo. Xa sabedes que podedes incluir outras entradas de xeito libre sempre que estén relacionadas, dalgún xeito, cos contidos da materia.

- Os informes e mapas de conceptos que están nas follas de tarefas. A diferencia entre estes e as tarefas é que os primeiros deben de entregárseme en papel ou pendrive e que teñen unha maior extensión ou ben son máis complexos. Se queredes tamén os podedes colgar como entradas do blog.

- Os exames escritos de cada unidade.

domingo, 27 de setembro de 2020

Actividade 19: O método científico.

 A primeira entrada no blogue neste curso non podía ser outra -co permiso do omnipresente COVID- que unha relacionada co Método científico, o punto de partida indispensable na procura de divulgar a CIENCA entre vos, alumn@s de bacharelato, independentemente do itinerario formativo elixido.

Así que, se queredes ter Cultura Científica, comenzade a facelo co seu método.

Nesta dirección Método científico atoparedes unha introdución sobre o método científico.

A tarefa consistirá en:
1. Ler comprensivamente e preguntarme as posibles dúbidas.
2. Comenzamos a facer un dicionario da materia. Define: empirismo, filosofía, hipótese, teoría.
3. Cal foi a contribución de Galileo e de Descartes ao método?
3. Fai un esquema indicando as etapas do método científico.
4. Escolle un exemplo para explicar as etapas do método.

sábado, 26 de setembro de 2020

Actividade 18: Actualizar datos e crear o voso blogue.

Como xa vos comentei, neste curso ides a utilizar un blog ou blogue coma se fora a vosa libreta da materia. Tentaremos utilizar menos papel facendo as tarefas de xeito dixital. 

Para crear o voso blogue necesitades: 
- Ter un correo gmail. 
- Cubrir algúns datos persoais e crear unha clave para acceder ao blogue. 
- Darlle un nome. 
- Logo anotar nun sitio seguro e onde o poidades consultar, tanto a dirección do voso blogue ¡tede cuidado en copiala ben¡ como a clave de acceso. 

O faremos na clase todos xuntos. 
Saúdos.

Comments system

Disqus Shortname