Imos ver como se traballa ca nosa materia noutros blogs. Para facelo tedes que ir a entrada deste blog titulada Que é a Cultura científica? do 25/9/2019 onde hai unha actividade para facer.
O blog da materia de Cultura Científica de 1º de Bacharelato no IES Escolas Proval (Nigrán)
mércores, 7 de outubro de 2020
Actividade 21: A Cultura científica.
venres, 2 de outubro de 2020
Actividade 20: Permíteme acceder ao teu blog e información sobre a avaliación
Na páxina protagonistas deste blog tedes instrucións para que, dende esa páxina, eu poda enlazar cos vosos blogs. Vos tamén podedes consultar o que están facendo @s compañeir@s ... pero NADA de copiar ... para iso sodes compañeir@s 😀
Aproveito esta entrada na que non tedes moito traballo 😀para lembrarvos ca vosa avaliación total xurde de tres valoracións parciais:
- As tarefas obrigatorias feitas no voso blog e o deseño do mesmo. Xa sabedes que podedes incluir outras entradas de xeito libre sempre que estén relacionadas, dalgún xeito, cos contidos da materia.
- Os informes e mapas de conceptos que están nas follas de tarefas. A diferencia entre estes e as tarefas é que os primeiros deben de entregárseme en papel ou pendrive e que teñen unha maior extensión ou ben son máis complexos. Se queredes tamén os podedes colgar como entradas do blog.
- Os exames escritos de cada unidade.
domingo, 27 de setembro de 2020
Actividade 19: O método científico.
A primeira entrada no blogue neste curso non podía ser outra -co permiso do omnipresente COVID- que unha relacionada co Método científico, o punto de partida indispensable na procura de divulgar a CIENCA entre vos, alumn@s de bacharelato, independentemente do itinerario formativo elixido.
sábado, 26 de setembro de 2020
Actividade 18: Actualizar datos e crear o voso blogue.
Como xa vos comentei, neste curso ides a utilizar un blog ou blogue coma se fora a vosa libreta da materia. Tentaremos utilizar menos papel facendo as tarefas de xeito dixital.
xoves, 4 de xuño de 2020
Actividade 17: Test de Cultura Científica.
Onte enviei por correo un sinxelo test sobre Cultura Científica con instrucións para facelo e data límite de entrega.
Lembrovos que enviei dous correos (o segundo rematou o 18 de maio) para que confirmárades a vosa situación, recibo de tarefas e modalidade de entrega. Moitos non contestáchedes a ningún deles, pero entendo que, de tódolos xeitos a principal canle de realización de tarefas é este blogue e os seus enlaces aos vosos blogues.
sábado, 18 de abril de 2020
Aclaracións e fin de curso
domingo, 15 de marzo de 2020
AVISO COVID19
A suspensión das clases ata o 27 de marzo levará previsiblemente a un atraso na segunda avaliación. Polo tanto, e consecuentemente, QUEDA ANULADA A ENTREGA DE TAREFAS DA SEGUNDA AVALIACIÓN prevista para a vindeira semana.
Non obstante, como sabedes, os acontecementos relacionados con esta crise cambian diariamente, e non sabemos en realidade cando voltaremos as clases. Por todo isto insisto en que DEBEREDES DE TER OS TRABALLOS IMPRESOS E O BLOGUE REMATADOS PARA CANDO SE ANUNCIE A VOLTA AS CLASES.
As presentacións en PowerPoint ou similar e calqueira dúbida ao respecto as podedes mandar al meu correo educatronic@aol.com qué será a nosa cable de comunicación.
mércores, 4 de marzo de 2020
Traballos da 3ª avaliación
Hai un tema por alumn@ polo que @s primeir@s terán vantaxa. Cando elixades anótovos.